A Deputación da Coruña súmase á campaña da candidatura do Carballo de Conxo a Árbore Europea 2022

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este xoves, xunto ao alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, o carballo do bosque do Banquete de Conxo, que é candidato a ser a 'Árbore europea 2022'.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto ao Carballo de Conxo, candidato a Árbore Europea 2022
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, xunto ao Carballo de Conxo, candidato a Árbore Europea 2022 | Fonte: Europa Press.

Formoso asegurou que esta campaña "constitúe a punta de lanza dunha intención máis profunda do Concello de Santiago de apostar cara á ecoloxía dunha cidade que é a capital de Galicia, na que conflúe toda Europa".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago expresou a vontade do Concello de "mobilizar centros educativos e universidades para reverter a terceira posición" na que se atopa a árbore santiaguesa nas votacións o concurso.

O rexedor insistiu na mobilización das galegas e galegos, "xa que é unha oportunidade moi importante para recuperar unha parte da historia e tomar conciencia do enorme patrimonio que hai en materia ecolóxica.

Ademais, Bugallo lembrou que, en liña co compromiso da súa institución de plantar unha especie autóctona por cada voto conseguido, polo momento "levan plantados máis de 3.000 árbores en varias zonas de Santiago, coa previsión de chegar aos 19.000"

A votación para apoiar o Carballo de Conxo permanecerá aberta ata o 28 de febreiro e pode realizarse a través da web 'Tree of the Year'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta