O BNG denuncia o desmantelamento da Casa de Galicia en Uruguai

Un xuíz ordenou a disolución da entidade, tras as débedas millonarias acumuladas durante as últimas décadas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, denunciou o desmantelamento da Casa de Galicia en Uruguai (utilizada como centro hospitalario), que se produce despois do desmantelamento do patrimonio sociosanitario en Arxentina.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda | Fonte: BNG.

Tal como explicou o BNG, hai dous días o Parlamento uruguaio aprobou un proxecto de lei que recolle a reasignación dos usuarios da Casa de Galicia de Montevideo (uns 45.000 usuarios) e os seus traballadores (preto de 3.000).

Esta decisión do parlamento uruguaio prodúcese tras a resolución tomada o pasado mes de decembro na que un xuíz ordenou a disolución da entidade, tras as débedas millonarias acumuladas durante as últimas décadas.

"A nova directiva afín ao Goberno conservados tiña claro o seu desmantelamento e existe a complicidade do Executivo uruguaio presidido por Lacalle Pou, que foi aplaudido por Feijóo e que coinciden na defensa do neoliberalismo sanitario", indicou Miranda.

A Casa de Galicia de Montevideo é unha institución que conta con máis dun século de actividade, xa que foi fundada en 1917 por un colectivo de emigrantes, sendo a sede o Consello de Galicia, o goberno galego no exilio. Ao longo destes anos foi un dos centros hospitalarios máis importantes do país, que conta ademais coa súa sede social nunha das principais rúas de Montevideo.

"No BNG denunciamos esta estafa ao patrimonio social dos galegos en Uruguai e a ausencia do Goberno galego no seguimento desta grave situación de desmantelamento do patrimonio sociosanitario dos galegos no país e reclamamos con urxencia a mediación para salvagardar o patrimonio galego da histórica Casa de Galicia", subliñou Miranda.

A portavoz nacionalista reivindicou que a Casa de Galicia é un patrimonio herdado "cos aforros e o esforzo" dos emigrantes galegos, polo que expresou "todo o seu apoio" ás persoas que levan días protestando ás portas polo peche.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riuriu

Seguro que Ane aprovecha para hacerse otro viajecito hasta Sudamérica.