Os viaxeiros de bus aumentan un 16% en Galicia en 2021, menos que a media española

É o segundo menor repunte entre comunidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2022 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O transporte urbano por autobús alcanzou os 43 millóns de pasaxeiros en Galicia en 2021, o que supón un repunte do 16% en comparación con 2020, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Este repunte contrasta co esborralle do 42% que se produciu na comunidade galega en 2020, ano de inicio da pandemia e marcado polo confinamento.

O aumento do 16% está por baixo da media española, que se sitúa no 22,4%. De feito, o dato galego é o segundo menor entre comunidades, só por encima de Comunidade Valencia (+15,1%). Á cabeza está Cataluña, cun 28,1%.

No tocante só ao mes de decembro, transportáronse 3,7 millóns de viaxeiros por bus en Galicia, o que supón un crecemento do 15% en comparación co último mes de 2020.

Segundo a estatística de transporte de viaxeiros do INE, o número de usuarios do transporte público en España aumentou en 2021 un 25,4% en taxa anual, ata os 3.386,2 millóns de pasaxeiros. No entanto, esta cifra é inferior en 1.666 millóns á rexistrada en 2019, antes da pandemia.

Parada de bus en Santiago
Parada de bus en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta