A xustiza obriga á Consellería de Política social a recoñecer o dereito de conciliación dunha traballadora

A sentenza, que é firme, recoñece o dereito da traballadora a flexibilizar a súa xornada para coidado dun fillo e indemnízaa por danos e prexuízos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/02/2022 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Unha nova sentenza recoñece o dereito á conciliación da vida persoal, familiar e laboral dunha traballadora dependente da Consellería de Política Social, precisamente, o departamento que se encarga de velar polo comprimento dos dereitos sociais dos traballadores, á que se lle denegou a flexibilización de xornada solicitada para o coidado do seu fillo menor.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, no encontro Economía Sénior celebrado en Madrid. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, no encontro Economía Sénior celebrado en Madrid. XUNTA

A sentenza estima que a Consellería incorreu en dous incumprimentos flagrantes da xurisprudencia relativa a este tipo de peticións de axuste de xornada, pois non abriu o pertinente proceso de negociación coa traballadora para estudar as posibles alternativas axustadas ao seu posto e vulnerou o principio de dereitos de igualdade que recolle a Constitución.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) decidiu levar o caso aos Tribunais tendo en conta que a Consellería permitira, nunha reunión previa entre a traballadora, o director do centro no que esta traballa como auxiliar de enfermaría en Lugo e a responsable da área asistencial, que a demandante traballase en quendas de tarde pero só o fin de semana ou cambio de módulo, punto este último que foi aceptado pola traballadora.

No entanto, en resolución posterior,  a Secretería Xeral Técnica da Consellería denegou esta flexibilización da xornada sen argumentar razóns suficientes que justificasen o cambio de opinión, de aí a demanda, solicitando desenvolver o traballo en quendas de mañá e noite evitando o de tarde- e unha indemnización por danos e perjucios por valor de 1.500 euros.

A sentenza tivo que ser rectificada por un erro na contía da indemnización, que a estimaba en superior a 3.000 euros, polo que cabería recurso de suplicación; pero, liquidado este punto,  é firme e recolle tanto o dereito da traballadora a prestar os seus servizos de luns a domingo en réxime de traballo a quendas de mañá e noite (segundo calendario), podendo ser cambiada de módulo para lograr mellor organización, así como a indemnización reclamada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta