Formoso, "convencido" de que será candidato á Xunta polo PSdG

O secretario xeral incide que deixaría a praza a compañeiros "con máis opcións". Acusa ao BNG de seguir na liña do independentismo e rexeita distanciarse de Ferraz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

O líder dos socialistas galegos Valentín González Formoso (As Pontes, 1971) deixa claro que quere ser o candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta pero móstrase disposto a apartarse se hai outro compañeiro con "máis opcións" de lograr que "a bandeira socialista impere en San Caetano".

"Quero ser o candidato á Xunta e sereino se son o mellor para iso, se compañeiros o queren e, sobre todo, se Galicia así o quere", sinala nunha entrevista concedida a Europa Press na que tamén apela á "xenerosidade" e recoñece que o obxectivo de que o PSdeG chegue a gobernar Galicia "non se pode pór en perigo por unha aspiración persoal".

Formoso sostén que, no que del dependa "será candidato" e, aínda que asegura que no PSdeG hai "un elenco de compañeiros e compañeiras enormemente capaces", rexeita sinalar outras opcións. "Non me podo permitir o luxo de buscar quen pode ser o candidato ou candidata cando eu estou convencido de que vou ser eu pero, en calquera caso, con respecto absoluto á militancia e a cidadanía galega", expresa.

Despois de algo máis de tres meses desde que colleu as rendas do PSdeG, o tamén alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña defende o modelo de partido no que traballa, baseado na "proximidade coa xente" e que "mira fronte a fronte á problemática que están a sufrir moitos colectivos". Ademais, subliña que a formación "estará con Galicia sempre" e será "leal cos compañeiros e compañeiras do PSOE".

Precisamente, reforzar a defensa dos intereses de Galicia foi un dos puntos que incluídos no relatorio que os socialistas galegos aprobaron no seu XIV Congreso, un documento que marcará a actuación do partido o próximos catro anos. Así, preguntado sobre se o PSdeG debe marcar distancias con Ferraz para reivindicar os asuntos de Galicia, considera que "non hai que promover" unha liña de independencia das directrices nacionais senón "estar á altura das circunstancias cando as circunstancias e Galicia así o ordenen".

"NÓS NON SOMOS INDEPENDENTISTAS"

Neses comicios autonómicos os socialistas situáronse como terceira forza por detrás do BNG. Preguntado sobre como será a relación cos nacionalistas no que resta de lexislatura e nun contexto no que proximamente haberá eleccións municipais, Formoso remarca que "cada un ten o seu proxecto". "Totalmente distinto, é moi distinto o proxecto do PSdeG ao do PP, pero tamén ao do BNG", subliña.

Aínda que recoñece que PSdeG e BNG comparten "un proxecto progresista común" que deu "grandes momentos" a Galicia e que "está a dar grandes momentos noutras institucións", subliña que cada unha ten o seu "ideario". "Nós non somos independentistas, o BNG é un partido independentista, un partido nacionalista", subliña.

A pouco máis dun ano para que o PSdeG afronte o seu primeiro exame electoral con el como líder, as eleccións locais, Formoso avoga por diferenciar os procesos". "A cidadanía sabe distinguir cando está a escoller a un alcalde ou alcaldesa, ao presidente da unha deputación ou ao presidente da Xunta. Son procesos absolutamente distintos e acabámolo de ver no proceso anterior", destaca.

O novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, durante unha entrevista con Europa Press, a 10 de febreiro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Formoso, que ademais é presidente da Deputación da Coruña e alc. César Arxina - Europa Press
O novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, durante unha entrevista con Europa Press, a 10 de febreiro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Formoso, que ademais é presidente da Deputación da Coruña e alc. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sabemos que a única candidata á Xunta de Galicia será Carmela Silva. É a única que ten un grado de cinismo digno de asumir o Goberno !