Así evitou un policía local de Ourense o suicidio dun home de 48 anos

O veciño ourensán chamou á policía para comunicarlles a súa intención de se quitar a vida.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

Un axente da Policía Local de Ourense evitou este sábado o sucidio dun home de 48 anos, veciño da cidade, que previamente chamara á central do 112 Galicia para avisar da súa intención de quitarse a vida. Segundo informa o corpo municipal, ocorreu pasados uns minutos da medianoite, cando a central do 112 chamou á comisaría para indicarlles que un home lles comunicara que quería suicidarse.

A pesar de que descoñecían a súa localización, a sala de comunicacións da Policía Local conseguiu contactar co número do home e, tras unha "laboriosa mediación telefónica", logrou saber que se atopaba na rúa Lagoas. O home accedeu a falar coa Policía, pero exclusivamente co axente co que tivera a chamada e se se presentaba no lugar --xunto ao viaduto-- vestido de paisano.

O axente accedeu e dispúxose alí co respaldo dun dispositivo policial e cunha ambulancia próxima. Logrou entrevistarse co home, que se atopaba "moi nervioso" e recoñeceu a súa intención de "tirarse ás vías do tren", tal e como informa o corpo. Así, tras mediar con el, o policía conseguiu que os servizos médicos puideron acceder a este home e convencelo para que fose trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Policía Local en imaxe recuro
Policía Local en imaxe recuro | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta