Aberto ata o 28 de febreiro o prazo para solicitar axudas de apoio a proxectos operativos que innoven no agro

As axudas estań cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2022 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, mantén aberto ata o próximo 28 de febreiro o prazo para solicitar as axudas que buscan apoiar a execución de proxectos dos grupos operativos da Asociación Europea da Innovación, dotadas dun orzamento de 6,12 millóns de euros.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. 

"O obxectivo principal destas subvencións é fomentar a innovación no medio rural, en áreas prioritarias de actuación tales como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación ao sector", subliñou o Executivo autonómico.

Os grupos operativos deberán estar formados polo menos por dous membros e buscarán pór en marcha iniciativas innovadoras en materia de sustentabilidade agrícola que representen un avance "significativo". Os beneficiarios destes fondos poderán ser agricultores, gandeiros, silvicultores ou organizacións representativas destes, así como investigadores ou persoas que desenvolvan por conta propia a súa actividade no ámbito rural.

Arquivo - Traballadores no campo. Cooperativas Agro-alimentarias - Arquivo
Arquivo - Traballadores no campo. Cooperativas Agro-alimentarias - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta