A covid non pode coas charangas e a música tradicional que animará o Entroido 2022 en Verín

O Concello de Verín presentou a programación oficial do Entroido para este ano, primando a música de rúa e renunciando neste 'entroido de transición' a eventos masivos. Tamén se potenciarán as actividades infantís.

Por X.M. Fernández | Verín | 15/02/2022 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Concello de Verín presentou este martes 15 de febreiro a programación entroideira na que se optou por non organizar ningún evento masivo coa finalidade de evitar as aglomeracións de xente. Será un 'entroido de transición' pero sen renunciar á animación musical que contará, segundo fontes do concello, con máis de cen horas de música na rúa co cal "a festa e a diversión están aseguradas", din.

Cigarróns de Verín. Fonte: Concello de Verín
Cigarróns de Verín. Fonte: Concello de Verín

Desde este xoves 17 de febreiro (compadres) ata o 1 de marzo (martes de entroido), programaranse un total de 45 actuacións musicais itinerantes conformadas por charangas, música tradicional e brass band.

ACTIVIDADES INFANTÍS

Este ano, e como novidade, potenciaranse as actividades destinadas aos máis pequenos da casa axendando o luns 28 de febreiro máis dunha vintena de propostas variadas, que terán lugar nas prazas García Barbón e Merced.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta