Arde un patinete eléctrico no interior dunha vivenda en Fisterra

O estalido do patinete provocou que se rompesen uns cristais pero non se rexistraron danos persoais.

Por E.P. | Vigo | 16/02/2022 | Actualizada ás 10:45

Comparte esta noticia

Un patinete eléctrico explotou no interior dunha vivenda no municipio coruñés de Fisterra, sen que se rexistrasen danos persoais. Así o comunicaba unha persoa particular ao 112 Galicia uns minutos despois das 8,30 horas deste mércores. Segundo indicou na súa comunicación, o estalido do patinete provocara que uns cristais rompesen na vivenda, situada na rúa de Alfredo Saralegui.

De maneira inmediata, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Fisterra e dos axentes da Policía Local, que ventilaron a vivenda e, segundo confirmaron ao 112 Galicia, ningunha persoa había resultado ferida e só ardera o patinete.

Patinetes eléctricos estacionados. ARQUIVO
Patinetes eléctricos estacionados. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta