O Goberno garante que ninguén quedará "desprotexido" se non se prolongan os ERTE

Nos próximos días aclararase o horizonte desta modalidade de expediente dentro da hostalaría.

Por E.P. | MADRID | 16/02/2022 | Actualizada ás 15:57

Comparte esta noticia

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, afirmou que ningún traballador nin empresa "quedará desprotexido" no caso de que os expedientes de regulación temporal (ERTE) de hostalaría non se prolonguen, pero sinalou que isto será unha decisión do grupo de traballo encargado da súa ampliación.

No marco da celebración este mércores do Comité Executivo de Hostalaría de España en Madrid, a ministra afirmou que nos próximos días terá lugar unha reunión co grupo de traballo que se encarga das novas ampliacións dos ERTE (formado polos sindicatos, as empresas, e o Ministerio de Traballo) no que se aclarará cal será o horizonte dos ERTE de hostalaría.

Ante as recentes peticións da hostalaría de alongar os expedientes de regulación seis meses máis, a ministra pronunciouse lembrando que o estado conta cunha nova reforma laboral que xa regulou os ERTE dunha "maneira estrutural", de forma que se garante que ningún traballador nin empresa quedarán desprotexidos no caso de que os ERTE non se prologuen.

"Estou convencida de que haberá unha transición ordenada para que os empresarios que están nestes ERTE poidan ter ese tempo e espazo para poder seguir mantendo unha figura tan importante para o sector da hostalaría e a restauración", destacou Maroto.

Local de hostalaría. César Arxina - Europa Press
Local de hostalaría. César Arxina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta