A Coruña recupera o Entroido

A banda estrela das actuacións musicais será Varry Brava, banda que participou recentemente no Benidorm Fest.

Por E.P. | A Coruña | 17/02/2022 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

A cidade da Coruña volve gozar este ano do seu tradicional entroido, unha edición que inclúe diferentes citas musicais encabezadas por Varry Brava, banda que participou recentemente no Benidorm Fest.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Andy Pérez - Concello da Coruña.

A alcaldesa, Inés Rey, presentou este xoves a programación destas festas que levan como lema 'Volve o Antroido máis auténtico'. Os eventos comezaron coa inauguración da exposición conmemorativa dos 40 anos da asociación lúdico-cultural Os Maracos, que continuará aberta ata o 6 de marzo.

Nos próximos días, sucederanse concertos, concursos e desfiles para todos os públicos, ata o mércores 2 de marzo, que o enterro da sardiña porá fin ás celebracións.

O programa de festas inclúe algúns actos con música e poesía que servirán para render homenaxe á figura de María Casares, con motivo do seu centenario. "Así, A Coruña demostrará unha vez máis que sabe divertirse á vez que coida os seus referentes", apuntou a alcaldesa.

Durante a presentación, Inés Rey pediu "sentidiño" á cidadanía durante estas celebracións populares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta