A Xunta amplía ás axudas aos medios en campaña electoral

Destinará 700.000 euros máis ás empresas xornalísticas e de radiodifusión e manterá o prazo establecido nas resolucións anteriores.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/05/2014 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O 7 de marzo a Xunta aprobaba unha resolución para destinar 1.135.000 euros ás empresas xornalísticas e de radiodifusión durante o 2014. Unha cantidade que non inclúe os convenios ou outras ordes que as consellerías ou a Xunta fai especificamente con cada medio. O 5 de febreiro eran 41.000 euros os que a Xunta destinaba ás publicacións periódicas escritas integramente en galego.

Prensa e poder. Centos de millóns ameazan a liberdade dos xornais', titulaba a revista Galicia Internacional en 1996. Dezasete anos despois o sistema de reparto segue a ser o mesmo
Prensa e poder. Centos de millóns ameazan a liberdade dos xornais', titulaba a revista Galicia Internacional en 1996. Dezasete anos despois o sistema de reparto segue a ser o mesmo | Fonte: Sotelo Blanco Edicións

Tres e dous meses, respectivamente, despois destas dúas ordes, a Secretaría Xeral de Medios acaba de publicar outra resolución para ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria a esas axudas. Deste xeito, o montante total das axudas pasará a ser de preto de dous millóns de euros. Unhas axudas que chegan, ademais, en plena campaña electoral das europeas.

Precisamente, o voceiro do PSdeG no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, criticou este anuncio que, dixo, coincide “no medio da campaña”. Foi nunha rolda de prensa na que anunciou a presentación dun recurso ante a Xunta Electoral Central polo novo anuncio de Ana Pastor sobre as obras en Rande, que o PSdeG considera electoralista.

Aumento dos créditos para as empresas xornalísticas

A Xunta aumenta o crédito para as empresas xornalísticas e de radiodifusión en 540.000 euros, de forma que o importe total será de 1.675.000,00 euros. Por outra banda, incrementará en 160.000 euros as achegas  para as publicacións periódicas escritas integramente en galego, de forma que o importe total será de 201.341,00 euros.

O Goberno galego xustifica esta medida porque o artigo 2 da convocatoria desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. “Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados”, engade a nova resolución.

Ademais, a presente modificación non afecta ao prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Transparente

Para predicar co exemplo, GC debe dicir canto recibe das institucións públicas. Así podería criticar con autoridade. Vexo que hai anuncios da Xunta, da Deputación de Lugo, de concellos do BNG e do PSOE. Tamén dalgún do PP,e de empresas subvencionadas con cartos públicos, como R, Xerais, Baía,etc. e de partidos políticos. Todos os cartos que recibe GC sae dos impostos de tódolos galegos. E nalgún caso dos cataláns e vascos, como os anuncios de CxG. Máis transparencia, menos demagoxia.

1 Trasparente bis

Hai que preguntarllelo tamén a Sermos. E canto pon a CIG, o BNG, a UPG e todos os chiringuitos onde están cos cartos de todos os afiliados que igual non saben que van para ese outro chiringuito e os cartos públicos da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do Concello de Pontevedra, o de Carballo e demais administracións, poucas afortunadamente, que gobernan os upgmerdeiros.

2 Hai que tomar nota

Que viva da publicidade e que teñan ademais anuncios de concellos do PP, PSOE e BNG e doutras institucións di moito do GC, da súa pluralidade e do seu xornalismo. Outros teñen que tirar do teto dos amigos do partido.

3 rulolira1940

Os que critican as subvencións aos xornais por que non explican de que maneira se sostén un medio sen publicidade e sen clientes que paguen no kiosque? O falar non ten cancelas ..

4 glo-gló

Boa presada ides levar os de GC... Parabéns.

1 un galego

tedes que poñer noticias sobre o nacionalismo, é dicir, sobre o BNG, xa que cando en Portada non as hai, tedes menos audiencia, xa que os verdaeiros trolls, que son os antiBNG, non escriben nada nas outras noticias

3 Colonizados mentais

Tamén os de IU-ajillos están a ser beneficiados polo tratamento dos medios de desinformación do réxime. Con eles non hai campañas UPYDeiras que valgan. E se non chegara a propaganda institucional, están as suas propagandas nas institucións. Os do "importante é botar ao PP das institucións" botan abaixo en Extramadura a moción contra o PP. E todo sen consultar as bases e pese ao amplo rexeite no partido. A desculpa plelgrina é: "non queremos ser instrumentos do PSOE". Claro está en que se foran eles propulsores da moción, a ousa trocaría. Entón serían eles os beneficiarios da propaganda. Vaia praxe e coherencia política!

1 uuh5

Facervos mirar esa obsesin con AGE. En serio. Ides estoupar de xenreira coma sigades así. Non quero ver que pasa con vós como a coitada de Ana Miranda non saque escano ou vós andedes polos 50.000 votos. O que vos e nos espera a todos.

2 Medo me dá

Eu agardo que o BNG quite escano e suficientes votos, porque se non é así en certos ámbitos vainos ser hora aos que non votamos BNG e votamos a AGE... Comerazán a as purgas, que niso si son especialitas. Que medo!

2 Antón

O bipartito subornaba, perdón, subvencioaba dez veces máis. Preguntade.

1 que eres ben listinho

Entón que? Votamos polo PP?

1 Redactor007

E que mais lles ten se os cartos non son deles...! Campaña gratis e ao carallo..! E quen o chulo que di que estas prácticas non son un expoñente de corrupción?