O laboratorio de teatro experimental e artes visuais 'LabCareixa' da Deputación da Coruña bota a andar

O resultado final de todo o proceso exhibirase publicamente en Mariñán no mes de abril.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2022 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O Pazo de Mariñán da Coruña acollerá a partir do 1 de marzo 'LabCareixa', un laboratorio de teatro experimental e artes visuais que organiza a área de cultura da Deputación da Coruña.

Neste proxecto, participarán cinco artistas de diferentes disciplinas que deberán crear de maneira colectiva unha peza escénica, de carácter performático, baseada nun texto dramático de Luisa Villalta.

O deputado de Cultura, Xurxo Couto, indicou que este novo proxecto nace coa idea de "fomentar o diálogo" entre novos creadores "do campo visual, escénico e plástico".

O resultado final de todo o proceso exhibirase publicamente en Mariñán no mes de abril.

Pola súa banda, o comisario do proxecto, Sergio Marey, engadiu que 'LabCareixa' quere ser unha nova maneira de concibir esta arte e crear "teatro contemporáneo galego achegándoo á mocidade".

DRAMATURGAS DA LITERATURA GALEGA

As artistas traballarán sobre un texto dramático de Luisa Villalta coa intención de elaborar unha peza teatral experimental. Marey explicou que o obxectivo deste proxecto tamén é dar a coñecer as dramaturgas da literatura galega, xénero ao que considera "bastante esquecido pola sociedade en xeral".

Ás convocatorias periódicas de certames culturais que convoca a Deputación da Coruña, este ano sumaránselle iniciativas como esta que terán ao Pazo de Mariñán como punto de encontro.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o cineasta Xosé Zapata e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, este luns. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o cineasta Xosé Zapata e o deputado de Cultura, Xurxo Couto, este luns. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta