Unanimidade na Cámara para demandar á Xunta que impulse a promoción da calidade alimentaria galega

Os grupos piden o desenvolvemento de actuacións que promovan a nivel estatal e internacional os produtos galegos de calidade diferenciada.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

Os grupos da Cámara galega aprobaron por unanimidade unha proposición non de lei defendida polo PPdeG a través da que se insta á Xunta a que continúe profundando na promoción da calidade alimentaria galega mediante o desenvolvemento de actuacións que impulsen a nivel estatal e internacional os produtos galegos de calidade diferenciada.

Carne de rubia galega do restaurante Iberica en Manchester
Carne de rubia galega do restaurante Iberica en Manchester | Fonte: Manchester Evening News.

"Todas as ferramentas de crecemento coas que xa conta o sector, como é o caso das estratexias sectoriais ou a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia virán consolidadas pola valorización e a promoción da excepcionalidade dos nosos produtos", sinalou a deputada popular Elena Candia.

Na súa intervención, Candia lembrou que o pasado mes de decembro presentouse a sección Galicia Calidade Alimentaria dentro da marca institucional do Goberno galego Galicia Calidade. Esta sección específica ampara a todas as producións alimentarias de calidade diferenciada con obxectivo de fomentar a excelencia dos produtos alimentarios galegos.

Así mesmo, a parlamentaria popular incidiu na necesidade de "ser conscientes" da importancia que ten o feito de levar a cabo actuacións que, "como as emprendidas ata o momento polo Goberno galego, permitan pór de relevo todo o traballo e esforzo que supón a elaboración de produtos excepcionais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta