Máis de 5.000 árbores autóctonas plantadas xa en Santiago grazas aos votos do Carballo de Conxo

Dá comezo no polígono do Tambre unha plantación de 800 carballos no marco da campaña '1voto1árbore' para convertir ao histórico Carballo en 'Árbore Europea 2022'

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O compromiso adquirido polo Concello de Santiago de plantar unha árbore autóctona por cada voto que reciba o Carballo de Conxo para ser 'Árbore Europea 2022' xa está en marcha. Trátase do 'Bosque Albia', unha iniciativa impulsada pola compañía funeraria do mesmo nome, que foi presentada hoxe e ten como finalidade reducir as emisións de carbono a longo prazo. No acto de presentación, iniciouse tamén o plantación por parte dos representantes da empresa funeraria, o Consistorio e un grupo de voluntarios -tanto de Albia, como do Concello-, na entrada do polígono industrial do Tambre.  

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, plantando un carballo na plantación organizada polo Grupo Albia no polígono de Tambre.. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, plantando un carballo na plantación organizada polo Grupo Albia no polígono de Tambre.. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este novo bosque é o segundo proxecto de reforestación que a compañía realiza en Galicia --tras a plantación en Sanxenxo de, aproximadamente, 200 especies de árbores-- e enmárcase na iniciativa de compensación da pegada de carbono, aliñada cos compromisos adquiridos coa sustentabilidade ambiental dentro da Axenda Verde.

Durante o acto de presentación, ao que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e o Director de Desenvolvemento, Grandes Cuentas, Marketing e Comunicación de Grupo Albia, Carlos Gallego Gómez, levouse a cabo o comezo da plantación, que consistirá en 800 carballos no polígono do Tambre.

En palabras do Alcalde de Santiago de Compostela: "Esta candidatura (a do Carballo de Conxo) é unha oportunidade moi importante para recuperar unha parte da nosa historia e tomar coñecemento do enorme patrimonio que temos en materia ecolóxica". Ademais,

apuntou que "grazas ao compromiso do Concello e ao apoio de diferentes colectivos da cidade plantamos xa 5.000 árbores autóctonas en varias zonas de Santiago, con previsión de chegar aos 19.000 este ano e aos 100.000 en 2030”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta