Máis de 20.000 euros doados por clientes de Gadis á Asociación Española Contra o Cancro

Supermercados Gadis tamén aproveitou para pór en valor o labor que exerce a AECC "tanto cos pacientes como no relativo ao apoio á contorna familiar, desde hai moitos anos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2022 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

A campaña 'A compra da túa vida', levada a cabo por Gadis, recadou 20.243 euros en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Durante sete días, os clientes da cadea alimentaria galega puideron doar en todos os establecementos da compañía, tanto en Galicia como en Castela e León.

A achega que os clientes de Gadis realizaron á AECC destinarase a impulsar a investigación contra esta enfermidade e a financiar os servizos de apoio e acompañamento aos pacientes e ás súas familias. Segundo sinala a compañía nun comunicado, esta campaña "contribuíu a visibilizar a importancia de implicar a toda a sociedade para lograr avances en investigación".

Supermercados Gadis tamén aproveitou para pór en valor o labor que exerce a AECC "tanto cos pacientes como no relativo ao apoio á contorna familiar, desde hai moitos anos".

Supermercado Gadis. GADIS
Supermercado Gadis. GADIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta