Alertan que a Xunta quere meter médicos sen especialidade na Atención Primaria

En Defensa da Sanidade Pública ve "inaceptable" que médicos sen especialidade homologada traballen no Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2022 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (Agdsp) tachou de "inaceptable" que médicos sen especialidade homologada traballen no Servizo Galego de Saúde (Sergas). Así o sinala nun comunicado remitido aos medios despois de que transcendese que o vindeiro luns, día 21 de febreiro, incorporaranse os primeiros 14 profesionais médicos sen especialidade para prestar funcións de apoio.

"Ningún médico pode nin debe traballar en España na sanidade pública sen o título de especialidade homologado", subliña a asociación que explica que, aínda que a contratación "inicialmente é de dous meses" pode "instaurar unha porta de acceso, sobre todo na Atención Primaria".

Isto, segundo denuncian, levaría a unha "volta atrás" a cando os médicos podían exercer sen un período de formación supervisada, o que xeraba unha diminución da calidade e seguridade dos pacientes.

Ademais deste primeiro punto, a Agdsp lembrou que, aínda que a Xunta afirma que as súas funcións básicas serán de apoio burocrático, "inclúese a coletilla de que poderán atender demandas segundo as necesidades asistenciais", o que para a asociación significa que"actuarán de médicos de familia sen acreditación para iso".

Desde a Agdsp consideran que esta medida demostra a "ausencia dunha planificación racional" das necesidades dos médicos pola Consellería de Sanidade, xa que a "maioría" de centros de saúde teñen "gravísimos" problemas asistenciais pola falta de persoal. Isto "obriga" á poboación a "soportar" listas de espera "intolerables".

"Resulta inaceptable que se recorra a este parche", sentenciou a Agdsp. Continuou explicado que isto supón unha "flexibilización no acceso a postos de especialista no Sergas, mediante outros procesos alternativos ao MIR".

Por último, considera que "a Xunta non parece interesada en solucionar esta situación" xa que nos orzamentos deste ano o incremento de fondos para a formación de novo persoal especializado "foi dun raquítico 4,8%", o que cualificaron como "absolutamente insuficiente para afrontar a gravidade de falta de especialistas".

INCORPORAR MÉDICOS SEN ESPECIALIDADE

A medida da Consellería de Sanidade aplicaríase nas instalacións do Centro de Atención Integral ás Emerxencias, na Estrada (Pontevedra), e indicou que estes profesionais darán soporte ao conxunto de profesionais de Atención Primaria endeterminados procedementos que teñen unha "importante carga burocrática".

Segundo a consellería, as súas actividades sería o seguimento de pacientes covid positivos, tramitación das baixas e altas das persoas asintomáticas e a atención telefónica para responder a demandas de información relacionadas co covid.

Entre outras actividades, tamén colaborarán co seguimento dos pacientes covid positivos, informase de resultados de probas covid e renovase receitas para tratamentos crónicas e farán informes de médicos autorizados.

Consulta nun centro de atención primaria do Sergas
Consulta nun centro de atención primaria do Sergas | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta