A Xunta destina un millón de euros para impulsar a industria dos videoxogos en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2022 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidades porá en marcha un paquete de axudas de case un millón de euros para impulsar a industria dos videoxogos en Galicia a través dun fondo específico de accións enfocadas á vertebración e a competitividade deste sector.

Segundo explicou nunha nota o departamento que dirixe Román Rodríguez, a primeira das medidas no marco do Hub Audiuvisual da Industria Cultural da Xunta é a convocatoria dun fondo de axudas ao desenvolvemento de proxectos, que estarán dotadas con 500.000 euros. A esta medida engadiron tamén a futura posta en marcha dunha aceleradora empresarial, cunha dotación de 370.000 euros.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade recibiu este sábado na Cidade da Cultura de Galicia aos representantes de videoxogo.gal, a asociación galega de videoxogos e contidos interactivos para exporlles este novo investimento.

As empresas poderán optar a dúas modalidades. Na primeira, dirixida a proxectos cun orzamento superior aos 200.000 euros, poderán recibir ata un 25% de axuda cun límite máximo de 100.000 euros. A segunda categoría, será apta para propostas cun orzamento inferior a 200.00 euros e poderanse subvencionar nun 75% ata un máximo de 50.000 euros.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta as novas liñas de axudas ao sector dos videoxogos. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presenta as novas liñas de axudas ao sector dos videoxogos. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta