Pídenlle 11 anos e medio de prisión por abusar sexualmente da súa sobriña de dez anos

O home aproveitaba a súa posición para realizarlle tocamentos.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 20/02/2022 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 11 anos e medio de cárcere para un veciño de Sanxenxo, ao que acusa de abusar sexualmente da súa sobriña menor de idade, e que será xulgado este martes na sección segunda da Audiencia de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron entre abril ou maio e setembro de 2019, cando o acusado pasaba a noite algúns fins de semana en casa do seu irmán, a súa cuñada e os seus fillos menores.

Coa escusa de ver a televisión, o acusado deitábase na cama da súa sobriña de 10 anos de idade, e tocáballe o traseiro e a vulva por baixo da roupa. Así mesmo, chegou a introducirlle os dedos na vaxina.

Conforme indica a fiscalía, Os feitos repetíronse ata que, en setembro, a nena contoulle á súa nai o que sucedía, e cesou a convivencia co acusado. Como consecuencia do sucedido, a nena sufriu malestar psicolóxico, recordos intrusivos dos abusos, dificultade para durmir e un "importante nivel de ansiedade".

Por todo iso, a Fiscalía considera ao procesado autor dun delito continuado de abuso sexual sobre menor de 16 anos, e pide que sexa condenado a 11 anos e medio de prisión, e que indemnice á menor en 30.000 euros.

Condenado en Vigo a 2 anos de cárcere por abuso sexual a unha menor.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS
Condenado en Vigo a 2 anos de cárcere por abuso sexual a unha menor.. PAULA XUSTO-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta