Como saber cando se debe pescar en malas condicións e cando non?

Aetinape cre que tamén se debería mellorar o equipamento das embarcacións e a roupa de faenar da tripulación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

A Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueira (Aetinape) demandou ás administracións que regulen en que condicións meteorolóxicas se pode traballar no mar.

Aetinape cre que, tras a traxedia de 'Villa de Pitanxo', é o momento de expor para a frota española medidas como parar os labores de pesca en circunstancias climatolóxicas adversas. Algúns países xa establecen que con temporal de "forza 8 sobre 40 ou 45 nós de vento" non se pode traballar e "os buques teñen que navegar á capa ou arribar ao porto máis próximo".

A asociación argumentou que os actuais sistemas de predición meteorolóxica permiten dispor de "datos exhaustivos" sobre o comportamento da natureza, polo que se poden facer previsións con facilidade e así tomar decisións.

Aetinape sinalou que esta normativa debería tomarse por consenso entre todos os ámbitos da pesca, para combinar as condicións de competitividade entre buques e empresas. Así, os barcos paralizarían a súa actividade, navegando á capa ou acudindo de arribada a calquera porto próximo, "facendo prevalecer en calquera caso a seguridade das persoas por encima da ansiedade produtiva".

MELLOR EQUIPAMENTO

Ademais, desde a asociación consideran que os buques pesqueiros deberían navegar dotados de equipamentos tecnolóxicos punteiros como unha áncora "que evite embarrancar en caso de quedar sen máquina" e un bote de rescate insumerxible que permita a recollida de tripulantes que caian ao mar.

Outra cuestión que propón Aetinape é que a tripulación que faene en augas frías traballe cun traxe que sexa "illante, insumerxible e dotado de baliza persoal de localización", do mesmo xeito que os chalecos salvavidas. Este tipo de indumentaria permitiría que, en caso de caer ao mar, "a temperatura do seu corpo non descenda máis de dous graos centígrados tras seis horas na auga".

Pesqueiro na zona do naufraxio da 'Vila de Pitanxo'. FORZAS ARMADAS DE CANADÁ
Pesqueiro na zona do naufraxio da 'Vila de Pitanxo'. FORZAS ARMADAS DE CANADÁ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta