Aberto xa o prazo para participar no concurso de fotografía organizado por Galiciencia en Instagram

As fotografías deberán estar relacionadas co eixo temático desta nova edición da feira: a economía curcular.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/02/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O concurso de fotografía realizado a través de Instagram e promovido por Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, xa está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de todo o Estado. Trátase dun concurso independente ao concurso de proxectos organizado pola feira e cuxo prazo remata o vindeiro 18 de abril. As fotografías presentadas polos participantes, indican dende Galiciencia, deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición da feira: a economía circular. 

Alumnado asistindo a Galiciencia.
Alumnado asistindo a Galiciencia. | Fonte: remitida

Tal e como indican, para participar no concurso é preciso seguir o Instagram de Galiciencia. Ademais, terán que subir as súas fotografías a través desta rede social, etiquetando

a Galiciencia co hashtag #concursogalicienciaonline2022. Cómpre ademais indicar o título

de cada instantánea, así como o centro educativo ao que pertence cada participante. Dende a organización da feira destacan tamén que cada persoa poderá presentar un máximo de tres fotografías, as instantáneas poden ser tanto en branco e negro como en cor e os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas. Un xurado de expertos decidirá a proposta gañadora nunha resolución que se fará pública o 13 de maio, durante o acto de entrega de premios de Galiciencia 2022.

Galiciencia está promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Empresa e Innovación; e co patrocinio da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación). Esta 17ª edición celebrarase no mes de maio de xeito presencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta