Por E.P. | OURENSE | 21/02/2022 | Actualizada ás 20:16
Un operario sufriu feridas de consideración esta tarde no Pereiro de Aguiar ao cortarse nunha perna coa radial que estaba a manexar.
Os feitos sucederon, segundo informa o 112, nas proximidades dunha gasolineira no lugar de Castadón, sobre as 16,15 horas.
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao operario ferido, aínda que, finalmente, o home foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario.
Desde o CIAE 112 Galicia, nada máis recibir a alerta do suceso, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e do GES do Pereiro de Aguiar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.