Santiago terá un Entroido "reducido" sen o tradicional desfile do martes pola covid-19

O concelleiro de Festas espera que a xente participe e que sexan "as últimas festas con limitacións", con vistas á Ascensión.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/02/2022 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O concelleiro de Festas do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, presentou este martes o programa para a festa de Entroido despois dun ano de parón pola pandemia pola Covid-19. Con todo, por mor da situación epidemiolóxica, as actividades serán "reducidas" e "adaptadas", xa que o desfile do próximo martes e a festa infantil na Sala Capitol foron suspendidos.

Cartel do programa de Entroido do 2022 de Santiago de Compsotela.
Cartel do programa de Entroido do 2022 de Santiago de Compsotela.

Muíños explicou que "aínda que é certo que as cifras xa van descendendo", no momento no que se tivo que tomar a decisión de celebrar o Entroido estábase "no peor" da sexta onda. De feito, mencionou que cando contactaron con algunhas das asociacións que adoitan participar no desfile, estas indicaron que "non tiñan nada preparado e non ían facer nada pola incerteza reinante nese momento".

O concelleiro agradeceu a todos as asociacións o seu "esforzo" e expresou que ten a "esperanza" de que a xente participe e que estas sexan "as últimas festas con limitacións", con vistas á celebración da Ascensión o próximo mes de maio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta