Un xulgado declara a apertura da fase de liquidación de Alu Ibérica

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña certifica a disolución da sociedade.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 22/02/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña acordou a apertura da fase de liquidación de Alu Ibérica LC e declarou disolta a sociedade. Así, cesan na súa función os seus administradores, que son substituídos pola administración concursal.

Asemblea de traballadores de Alu Ibérica da Coruña
Asemblea de traballadores de Alu Ibérica da Coruña | Fonte: Comité de empresa.

Nunha sentenza con data do 21 de febreiro, da que informou este martes o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a xuíza sinala que a situación do concursado durante esta fase será "a de suspensión do exercicio das facultades de administración e disposición sobre o seu patrimonio".

A empresa atópase en concurso voluntario de acredores desde o pasado mes de decembro, tras acreditar ante o xulgado o seu estado de insolvencia.

A maxistrada indica no auto que consta "o informe de cesamento de actividade pola administración concursal e a falta de obxeccións do debedor", polo que considera que concorren os requisitos previstos para acordar a apertura da fase de liquidación da compañía.

A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta