Administradas outras 1.500 doses contra a Covid en Galicia, 285 delas para completar pautas

O 90,80% da poboación ten o proceso finalizado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O proceso de vacinación contra a Covid-19 en Galicia continúa na Comunidade galega coa administración doutras 1.570 doses, das cales 285 foron para completar pautas, polo que un 90,8 por cento da poboación de Galicia finalizou o proceso.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este xoves no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada de vacinación deste pasado mércores, recollidos por Europa Press, as doses administradas aumentan a 6.523.752, despois de ser postas outras 1.574. Dese total de 1.574 dose, 285 foi administradas para completar pautas, o que sitúa en 2.451.856 as persoas co proceso finalizado en Galicia, que supoñen o 90,80 por cento da súa poboación.

Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 17.472 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.334 dependentes non institucionalizados e 27.718 institucionalizados. Pola súa banda, 2.269.672 terminaron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 76.338 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.793 do sociosanitario e 14.798 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

VACINACIÓN INFANTIL

No referido a a vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario principal da poboación pediátrica en fase de inmunización de 5 a 11 anos-- foron vacinados ata a data 117.281 menores de 10 a 14 anos de idade e 84.844 de 5 a 9 anos.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este mércores 23 de febreiro con respecto ás doses administradas ata o día 22, Galicia vacinou con polo menos una a 127.064 menores de entre cinco e 11 anos con polo menos unha dose, dun total de 153.059 de poboación diana, o que supón o 83 por cento, fronte á media de España do 57%.

O mesmo informe do Ministerio de Sanidade reflicte que contan con pauta completa entre a poboación pediátrica chamada a recibir a vacina o 21,2 por cento, que supón 32.482 nenos de cinco a 11 anos. Iso coloca a Galicia en terceiro lugar, xunto a Estremadura, tras Castela e León (24,6%) e Asturias (21,9%), mentres que a media de España sitúase no 15,8%.

O proceso de inmunización segue esta semana en Galicia con repescas de terceiras doses a maiores de 18 anos, con vacinación libre e avanza na administración da segunda dose pediátrica a menores de 11 a cinco anos, así como da cuarta dose ao grupo de risco que inclúe, entre outros, aos inmunodeprimidos.

Un grupo de nenos acode a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press
Un grupo de nenos acode a recibir a vacina contra o Covid-19, na Cidade da Cultura, a 15 de decembro de 2021, en Santiago de Compostela / Álvaro Ballesteros - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta