Galicia recibirá 224,5 millóns de euros en aplicación da sentenza polo IVE de decembro de 2017

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 24/02/2022 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Galicia recibirá 224,5 millóns de euros en aplicación da sentenza do Tribunal Supremo de pasado mes de maio que deu a razón ás comunidades autónomas pola liquidación do IVE de decembro do ano 2017.

Este xoves, o Boletín Oficial do Estado publica a orde coa táboa coas contías a percibir polas autonomías por este concepto. Así, a Galicia correspóndenlle 224,5 millóns de euros: 211 en aplicación da sentenza máis outros 14 polos intereses de demora.

Nun comunicado, a Xunta destaca que as contías coinciden cos cálculos realizados pola Administración autónomica que, como lembra, foi a primeira en recorrer aos tribunais para reclamar unha devolución da que se beneficiarán todas as comunidades.

O Executivo galego incide en que "actuou sempre coa máxima lealdade institucional" ante a "vulneración" por parte do Estado do sistema de financiamento autonómico ao non transferir en 2019 a mensualidade do IVE de 2017.

Ademais, resalta os pasos dados para reclamar a devolución destas contías, desde as esixencias expostas nos Consellos de Política Fiscal e Financeira (CPFF) á elaboración de informes ou propostas sobre unha demanda que solicitou o apoio en varias ocasións do Paralmento galego.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta