Enxuízan a 12 persoas por defender o galego

A próxima semana terá lugar o xuízo contra os que protestaron contra a manifestación de Galicia Bilingüe de 2009.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/05/2014 | Actualizada ás 17:48

Comparte esta noticia

Os próximos días 20, 22 e 23 de maio terá lugar en Compostela o xuízo contra  12 persoas que, en febreiro de 2009, protestaron e se enfrontaron con militantes e simpatizantes doutra manifestación convocada por Galicia Bilingüe (GB) en contra de que o galego tivera máis estatus.

Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas
Rosa Díez, no centro, canda Ana Pastor e López Chaves (PP) na polémica protesta de Galicia Bilingüe na precampaña das últimas autonómicas | Fonte: M.V. para ANT

Na protesta de GB  participaron dirixentes do PP, como Alfonso Rueda, Corina Porro ou Carlos Negreira, de UPyD, con Rosa Diez á cabeza, e membros de Falange que marcharon pola capital galega para protestar pola suposta “imposición do galego” do entón, goberno bipartito.

Nesta manifestación, que xa non se volveu repetir durante os gobernos de Alberto Núñez Feijóo –de feito todos os dirixentes populares que participaron naquela protesta están agora afastados desta organización e non aproban a súa liña-- participaron persoas que viñeron en autobuses de distintos puntos do Estado, como Salamanca ou Madrid, entre outros.

Ao final da mesma tiveron lugar varios enfrontamentos cando outra contramanifestación saíu o encontro con lemas a favor do galego, o que provocou momentos de tensión e mesmo pequenos choques entre persoas que participaban nunha e outra. Coma resultado diso, practicáronse doce detencións e identificacións só entre os defensores do galego.

Estas persoas enfróntase a peticións de penas de prisión  que suman 46 anos e umha multa de 34.000 euros. Entre os procesados está Abraám Alonso Piñeiro, membro da Direçom Nacional da Nós-Unidade Popular. Por iso, este partido denuncia a “tentativa de criminalizar” o movemento en defensa da nosa lingua e apela á participación masiva nas concentracións convocadas nos tres días de xuízo. A primeira será o martes, 20 de maio, ás 9:00 horas, ás portas dos tribunais de Fontiñas en Compostela.

Protestas a favor do galego

Por outra banda, na véspera do Día das Letras, A Mesa pola Normalización Lingüística realiza un chamamento “a todas as persoas que aman o galego” para que participen nas mobilizacións que se realizarán este sábado simultaneamente ás 12.00 horas nas sete cidades galegas e en Foz. As concentracións e manifestacións están convocadas so o lema “Un paso adiante e outro adiante, Galiza”, en homenaxe ao coñecido verso de Xosé María Díaz Castro.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, chamou aos galegos a “que se activen para impedir que os dirixentes do PP acaben co noso idioma”. “Temos que dar pasos adiante sen cesar en defensa do noso, pois estes gobernos que padecemos están a desprotexer gravemente a lingua propia desta nación, até o punto de que o galego é o único idioma con rango de oficialidade no Estado español que perde falantes”, explicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 Alexander

E membros de UCE, como o ex-concelleiro de Ferrol: Miguel Reimúndez

4 anonimo

Espero que emplumen bien a esos fanáticos que revientan manifas. que les den

1 monorquiaexpañola

ANONIMO = AGE a izquierda unida de expaña!!!

2 Galegófobo

Non oh. Os dous sodes trolls do PP de baixa calidade.

3 borrokilas

Un dos que van enxuizar, disque está xa condenado por terrorismo. O cal da idea dos violentos que apalearon, morderon e tiraron pedras aos manifestantes.

1 evariste galoise

O VIDEO DO TUWITER CENSURADO EN INTERNET POLO XULGADO... ESTAMOS CAMIÑO DE TURQUIA, ARABIA SAUDITA, CHINA MAIS O TOLO DA BOINA COREA DO NORDE!!! http://www.youtube.com/watch?v=OboQ... - Ilegalizar ao pp Drogas, armas ilegais, iates de narcos, assassinatos...Se esta historia fosse protagonizada por militantes de algum partido nom espanholista, já estaria a cadelada pedindo ilegalizaçons. Ajustes de contas mafiosos houvo-os sempre.O espanholismo é facineroso e sempre o foi. E aproveitando que o río miño pasa por Lugo, ilegalizade tamen o manicomioAGERO expañolizante

2 Hermerico

O de mordérom está bem, nom serás de 13tv?. E os fascistas nom tinham (tinhades) pedras quye ninguém lhes pudesse TIRAR. O vosso braço armado, em troques, si ia bem armado.

2 Galegos

Non coa rapazas. O titular parece estar escrito pola AMI. Procesados por agredir, intentar rebentar a manifestación e lanzar pedras e botellas a policías e manifestantes.

1 buli

Amigo, nom cuela. Tu és do partido que anda em iate com nacos, anda com armas e assassina, cobra soldos em b e coloca amigos. A chuparla!

2 Galegos

De chupar sabedes moito os do noxento Bloque. Igual que de estupefacientes e de apoiar grupos terroristas como Bildu-ETA. Do demais pregunta a Bazarra ou F.Blanco

3 Hermerico

Claro que se tentou rebentar ( e de facto boa parte dos fascista fugirom)a manifestaçom dos fascistas que vinham exigir a desapariçom da nossa língua, mas a violência, como sempre, iniciou-a o vosso braço armado, os terroristas. E se dis que na defesa contra essa agressom se guindárom pedras ao braço político dos terroristas é que mentes ou nom estava alí.

1 ANTIEXPAÑOL

a rosiña foi a que di o de galegos no pior senso da palabra, ela que foi ministra de euskadi os galegos nos toman por tontos esta sociadera que leva vivindo da politica toda a vida! vivindo do conto a estafadora esta e por protestar tantos anos de cadea, esta tamen e unha persoa moi desprezada polos galegos iguliño ca chamada "perraca" a gobernanta de leon ASASINADA POR MILITANTES DO PEPE, AGORA OS MILITANTES DO PEPE ANDAN ASASINANDO E POR CARTOS! que miserables son!. Insultan os galegos os indecentes expañois. temos que apoiar as persoas que estan sendo victimas do xuizo politico da xustiza española dos monarquicos constitucionalistas eses que teñen como virxe a da medalla policial do ministro do interior! supoñemos que o cobarde de `Vieiras non aparecera nin a ferroliña nin o xudas de merendiño, eses nin son galegos nin son nadas son unha banda renegadora o servizo do imperialismo expañol

1 Comunista

Sodes uns trolls realmente torpes. Todo quisque sabe que Beiras foi alí ese día e que foi á comisaría a se interesar pola xente detida. Os actuais líderes do BnUpG nin estaban nin se lles agardaba. Así vos vai. Continúa así lumbreras, que lle estás a facer unha a campaña a AGE caralluda.