O Goberno defende a central hidroeléctrica da Mariña malia a oposición dos veciños

"As renovables é a solución na que temos que traballar", apuntou a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A vicepresidenta terceira do Goberno central e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, celebrou este xoves o "cambio de actitude" da multinacional americana Alcoa coa planta de San Cibrao. "Nós o que estamos a detectar é un cambio de actitude en Alcoa, despois de dous anos moi complicados de negociación difícil, onde nós defendemos sempre non soamente o gran interese que ten España en que se siga mantendo a produción de aluminio primario, que nos parece capital para a nosa industria nacional, e onde tamén defendemos o interese dos traballadores", indicou.

Respecto diso, sinalou que ese "cambio de actitude" con respecto a planta mariñá que o compara "con esas experiencias negativas sobre como xestionou Alcoa a súa saída das outras dúas plantas (A Coruña e Avilés) e agora chegouse a un acordo que sempre é mellor que un non acordo pero é capital que ese acordo se cumpra e se poidan garantir todas as condicións para que esa apertura (das 512 cubas) se produza en 2024 ou eventualmente antes".

Teresa Ribera valorou que a multinacional "mantén, agora, unha actitude activa e non está pechada (a factoría de Cervo) e sen actividade, e os sinais que dá é que ten interese na subministración de gas e na reactivación da planta coa firma de acordos con provedores de electricidade como pode ser Endesa".

A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira. M. Dylan - Europa Press
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribeira. M. Dylan - Europa Press

XISTRAL

En canto á central hidroeléctrica "reversible" que se proxecta Xistral, no municipio do Valadouro e que non conta con moito apoio veciñal, a vicepresidenta terceira fixo a seguinte defensa do proxecto: "Nunca xamais tiveramos a oportunidade de poder contar con formas de enerxía modernas, estables, con menor impacto como as que ofrecen as renovables. Antes tiñamos que alagar pobos ou vales, ou tiñamos que facer unha minaría dolorosa. Por tanto, as renovables é a solución na que temos que traballar, incluídos eses pequenos saltos ou bombeos na parte hidráulica", defendeu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Moine

E para que está o PSOE, senom para servir à oligarquia madrilenha e seguir tratando-nos como umha pu.. colónia. Nós a emigrar, Madrid a medrar.