A Xunta confía en que a evolución da covid-19 permita avanzar cara á "ansiada normalidade" en hostalaría

Alfonso Rueda confirma que Galicia mantén unha "boa" evolución da situación sanitaria.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/02/2022 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mostrou a súa confianza en que a evolución da pandemia en Galicia permita continuar avanzando cara á "ansiada normalidade" na hostalaría. Rueda iniciou a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta cun balance da situación da crise sanitaria en Galicia, onde este xoves baixan en 55 os hospitalizados con covid.

Unha barra dun bar coruñés o día no que reabriron as barras dos establecementos de hostalaría por primeira vez na pandemia do coronavirus en Galicia, a 15 de setembro de 2021
Unha barra dun bar coruñés o día no que reabriron as barras dos establecementos de hostalaría por primeira vez na pandemia do coronavirus en Galicia, a 15 de setembro de 2021 | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

A evolución da pandemia motivou a decisión de extinguir a esixencia do certificado covid nos negocios de hostalaría e o seu uso limitarase unicamente a hospitais e residencias a partir deste sábado.

Ademais, a Xunta, tras a reunión do comité clínico do pasado martes, tamén acordou ampliar o número de comensais por mesa a dez en interior e 20 no exterior.

Todo iso, segundo comentou Alfonso Rueda, débese a que Galicia mantén unha "boa" evolución da situación sanitaria, unha tendencia que espera que perdure para "seguir dando pasos adiante cara á ansiada normalidade" en todos os ámbitos da sociedade, incluída a hostalaría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta