Tanxugueiras tamén pide votar ao Carballo de Conxo: "Que hai máis galego que un carballo?"

As pandeireteiras súmanse así aos artistas que están a apoiar a candidatura da árbore na recta final do concurso 'Tree of the year'.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A poucos días de que chegue o 28 de frebeiro e acabe con el o prazo para votar polo Carballo do Banquete de Conxo de Santiago a Árbore Europea 2022, novos artistas véñense de sumar á campaña para apoiar a candidatura. Así, tras o orixinal vídeo de Luís Zahera, chegaron os  apois de Luís Tosar, Carlangas ou David Broncano. E por suposto das Tanxugueiras, que foron as últimas en sumarse á campaña que busca converter á histórica árbore na mellor de Europa.

Imaxe do vídeo das Tanxugueiras pedindo votar polo Carballo do Banquete de Conxo como Árbore Europea 2022.
Imaxe do vídeo das Tanxugueiras pedindo votar polo Carballo do Banquete de Conxo como Árbore Europea 2022.

As galegas, que perderon a posibilidade de representar ao Estado español en Eurovisión por mor do xurado do Benidorm Fest, pediron cun enérxico "Votade!" apoiar ao Carballo de Conxo. Unha árbore que tal e como explicaron foi fonte de inspiración para moitas e moitos artistas, incluída a mesma Rosalía. "Non a Rosalía tratrá, a nosa, a de Castro", chancearon. Desta forma, o trío galego animou á xente a votar polo carballo compostelán nun curtiño vídeo no que exclamaron "Que hai máis galego cun carballo?".

O prazo para votar polo Carballo de Conxo remata o 28 de febreiro e pódese votar aquí. Para que os votos se contabilicen é preciso elixir dúas árbores e verificar os votos premendo no enlace que envía o concurso ao mail, após ter realizado a votación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta