Agárdanse este domingo ceos parcialmente cubertos e choivas ocasionais

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas descenderán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2022 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

Galicia vivirá este domingo unha situación na que os ventos do sur seguirán sendo predominantes, polo que se espera unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con posibilidade dalgún chuvasco ocasional no noroeste.

Segundo a información de Meteogalicia, que dependen da Consellería de Medio Ambiente, as temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas descenderán. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.

Así as cousas, as temperaturas mínimas nas cidades galegas oscilarán entre os 4 graos de Lugo e os 8 da Coruña, Vigo e Ferrol; e as máximas estarán entre os 14 de Santiago e os 19 de Vigo e Ourense.

O tempo o 26 de febreiro dd 2022. METEOGALICIA
O tempo o 26 de febreiro dd 2022. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta