Miñones defende a "axilidade" na transferencia dos 19 millóns de euros do Goberno para políticas de igualdade

Afirma que esta estrategia permitiu reducir nun 55% os prazos de aprobación logrados en 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2022 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, valorou a axilización da transferencia de 19,54 millóns de euros do Goberno de España a Galicia para aplicar políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero.

A este respecto, Miñones destacou que "é a primeira vez que se produce esta repartición de fondos a principios do primeiro trimestre" e afirmou que "traballar pola igualdade de xénero é unha prioridadpara alcanzar unha sociedade máis xusta". "O adianto destas transferencias ás comunidades autónomas supón poder despregar antes e mellor as políticas de igualdade en todo o territorio", incide o delegado.

A estratexia de axilización, destaca, permitiu reducir nun 55% os prazos de aprobación logrados en 2021 con obxecto de "permitir un despregamento moito máis rápido das políticas de loita contra as violencias machistas e de corresponsabilidade". "As políticas de igualdade son unha cuestión de Estado e un alicerce fundamental para este Goberno", recalcou José Miñones.

DISTRIBUCIÓN DE FONDOS

Nun comunicado a Delegación informou de que o Goberno transfire a Galicia máis de 19,54 millóns de euros distribuidos en 10.757.666,25 euros para o Plan Corresponsables e 8.784.274,93 euros do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (PEVG) e de programas de apoio e asistencia integral a vítimas.

Segundo detallan, o Plan Corresponsables financiará o desenvolvemento de actuacións e prestacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con fillos e fillas de ata 16 anos mediante a implantación de bolsas de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no sector dos coidados e a posta en marcha dun sistema de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou vías non formais.

Ademais, entre as melloras introducidas este ano, existirá a posibilidade de que as Comunidades autónomas fagan convenios coas asociacións de familias de alumnos para desenvolver políticas deconciliación.

Pola súa banda, os fondos que se transfiren a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e programas de apoio e asistencia integral a vítimas serán destinados a proxectos ou programas de loita contra a violencia contra a muller por razón de xénero, desenvolvidos no ámbito das súas respectivas competencias.

"Mentres teñamos un só caso de violencia de xénero, unha soa vítima ou sigamos un só caso dunha muller que sufra esta persecuciónmachista, para nós é un fracaso", reiterou José Miñones, para recalcar o "compromiso do Goberno coa igualdade entre mulleres e homes".

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta