Os apicultores piden axuda para parar a avespa asiática

Solicíntalle ás administracións que poñan en marcha unha estratexia estatal de loita e control contra a avespa e que elaboren plans e programas para o seu control e erradicación.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 19/05/2014 | Actualizada ás 16:07

Comparte esta noticia

Unha trintena de organizacións de apicultores, ecoloxistas e entidades agrarias pediu ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) e a nove comunidades autónomas que tomen medidas para frear a expansión da avespa asiática.

Nun comunicado, a Confederación en Defensa das Abellas na Cornisa Cantábrica (Codacc) explicou que xunto a outras 32 organizacións asinou un manifesto no que solicitan, ademais, ás administracións públicas que minimicen os danos que produce a avespa asiática no medio ambiente e as perdas económicas para a apicultura e a fruticultura.

A petición suscítase ao Magrama e ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco, Navarra, Aragón, Cataluña e A Rioja.

No texto, os asintes aseguran que a situación "empeza a ser alarmante pola falta de medios para facer fronte a este insecto invasor e á súa rápida propagación".

Solicítanlles, en concreto, que poñan en marcha unha estratexia estatal de loita e control contra a avespa e que elaboren plans e programas para o seu control e erradicación, ou que se establezan accións técnicas de defensa das colmeas.

Niño de avespa asiática
Niño de avespa asiática

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Joan

Interesante, hemos de luchar todos juntos contra la https://avispavelutina.com/ antes de que sea demasiado tarde. Las especies invasoras son un peligro para nuestra fauna autóctona.

3 Patxina

Interesante Articulo para seguir Trabajando contra la expansión de esta Avispas asiáticas

2 velutinas

É importante seguir a traballar contra a plaga da Vespa Velutina porque non da tregua https://velutinas.es

1 aguillon

mi ma! creo que existen unhas abellas que saben defenderse que producen calor dentro do enxame e matan o avespora xaponesa esta, pero a apis mielifera europea non ten estes comportamentos e que sucumbe en masa un so becho deste mata a milleiros de abellas!!! SITUACION GRAVE GOBERNO COMO SEMPRE INOPERANTE video: https://www.youtube.com/watch?v=iAH...