GC Aberto

Capítulo 2 de 'O perverso goberno de Feijóo' (Edicións Laiovento, 2016) de Manuel Monge

Por admin | GC ABERTO | 07/03/2022

Comparte esta noticia

2. O DESMANTELAMENTO DO SISTEMA FINANCEIRO GALEGO

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á súa chegada a unha sesión de control no Parlamento de Galicia, a 23 de febreiro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, á súa chegada a unha sesión de control no Parlamento de Galicia, a 23 de febreiro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Os quiero muchísimo. Me habéis dado mucho más de lo que hubiera llegado a poder imaginar

(Carta de despedida de José Luis Pego, ex director de Novacaixagalicia, aos traballadores, despois de marchar para casa con 18,6 millóns de euros)

2.1. A FUSIÓN DAS CAIXAS GALEGAS 2.1.1. Lei de caixas e proxecto de país

O obxectivo da fusión de Caixa Galicia e Caixanova era conseguir unha caixa galega forte, competitiva, ao servizo da cidadanía e da nosa economía e cos centros de decisión en Galiza. Algúns partidos alimentaron un localismo reaccionario, mantendo os seus representantes posicións contraditorias, co silencio cómplice da súa dirección nacional. A aprobación da Lei de Caixas polo Parlamento de Galicia puxo a debate público non só unha visión do sistema financeiro galego, senón os distintos proxectos de País dos partidos políticos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, despois de cualificar a citada lei como inconstitucional, pronunciábase en contra da fusión das caixas galegas, fomentaba o enfrontamento e chamaba á mobilización cívica. Este alcalde do PSdeG aparecía eufórico e situaba como posíbel saída a absorción de Caixa Galicia por Caixanova; reivindicaba a hexemonía do Sur no proceso de fusión, a sede da nova caixa en Vigo, a Presidencia e a Dirección Xeral; todo o equipo directivo debería ser de Caixanova, así como a maioría do Consello Administración. Este despropósito do alcalde de Vigo era contestado polo seu compañeiro de partido, Javier Losada, que tamén quería obter tallada electoral e, autoproclamándose defensor dos intereses da Coruña, esixía o mesmo que Caballero, coa variante de que todos os órganos de decisión e de xestión da nova caixa deberían estar na Coruña.

O resultado desta fusión das caixas galegas era Novacaixagalicia (NCG), con 1.346 oficinas e presenza en 12 países. Cun activo de 77.480 millóns de euros, colocábase como a quinta caixa de España. O ministerio de Economía e o Banco de España daban o visto bo ao seu plan de fusión, que pasaba pola petición de 1.162 millóns ao FROB (Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria), a redución do cadro de persoal en 1.200 traballadores e o peche dunhas 300 oficinas.

Mes e medio despois de aprobarse en decembro de 2010 as bases da fusión das caixas galegas e considerar o Banco de España que NCG era solvente, o Goberno do PSOE cambia, unilateralmente, as regras do xogo, esixindo outras condicións. Ante semellante abuso e agresión a Galiza, non houbo unanimidade na resposta política e só o BNGconvocaba actos públicos baixo o lema: “Salvemos o aforro galego. Non á privatización”. Na concentración de Lugo participou Mauro Varela, Vicepresidente deNCG.

Esta lamentábel actuación do Goberno foi posíbel pola modificación en Madrid grazas a un acordo do PSOE e o PP– da Lei de Caixas aprobada polo Parlamento de Galicia. Este acordo abría as portas á entrada de capital privado, é dicir, que as caixas poidan converterse nun banco máis, perdendo o seu carácter público e social.

As incoherencias do PSOE e PP eran evidentes, dicindo unha cousa aquí e outra en Madrid; votando unha cousa na Coruña e outra en Vigo ou Santiago. No Pleno do concello da Coruña de 7 de febreiro de 2011 aprobábase por unanimidade a seguinte moción sobre o futuro das caixas galegas:

Novacaixagalicia ten 2,9 millóns de clientes, sendo o 77% deles galegos, mantendo a metade do aforro en depósitos en Galicia. Novacaixagalicia ten a máis de 90.000 españois residentes no exterior como clientes, cuadriplicando a calquera outra entidade financeira similar. En Novacaixagalicia preto do 90% das PEME galegas teñen algún crédito ou préstamo, ademais participa con 4.000 millóns de euros no capital dalgunha das principais empresa galegas, que sosteñen 30.000 empregos en Galicia, dinamiza e exerce influencia como motor da actividade empresarial.

Novacaixagalicia ten un patrimonio sociocultural de 210 millóns de euros con 180 infraestruturas propias e achegou soamente no último ano 110 millóns de euros á Obra Social.

A finalidade da Lei de caixas de aforro de Galicia é a de colocar o aforro galego ao servizo do tecido produtivo do país e ademais defendemos desde o primeiro momento a fusión galega como ferramenta clara do reforzo e blindaxe do sistema financeiro galego.

Solicitamos ás autoridades económicas o recoñecemento dos saneamentos de activos na valoración da solvencia comparativa entre entidades e un calendario aprazable para o tránsito ao novo modelo común que se impoña.

No Pleno do concello de Vigo, celebrado o mesmo día que o da Coruña, o BNG presentaba unha moción en contra da “privatización” de NCG, apostando por manter oactual modelo de caixas de aforro e instando á Xunta a defendelo; o PP votou en contra e o PSOE abstívose.

O PSOE non aprobaba no Parlamento Galego unha moción do PP e BNG que, a diferenza do aprobado na Coruña, se pronunciaba a favor de “manter o actual procesode reestruturación das caixas de aforro galegas en base ao amplo consenso acadado egarantindo a súa solvencia” e “reclamar ao Goberno do Estado a retirada das esixenciasde capital e reservas adicionais ás aprobadas polo FROB e o Banco de España noproceso de fusión das caixas de aforros galegas”. Si apoiou o PSOE o punto 3 da moción: “O compromiso inequívoco en manter o modelo de caixas de aforros convocación social e vinculación territorial”.

Para Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG, “A privatización da caixaobedece a unha decisión política do Estado que, na práctica, suporía dinamitar o Estatuto de Autonomía. NCG é viábel. Non hai ningunha razón económica para privatizala; só política”. Demandaba a Feijóo que presentase un recurso deinconstitucionalidade por invasión de competencias, recollidas no Estatuto de Galicia.Ademais, esixía que se “acheguen cartos públicos para que a caixa se manteña como tal”.

O Consello de Ministros de 18 de febreiro de 2011 aprobaba un decreto, chamado de“reforzamento” do sector financeiro, que elevaba a ratio mínima de solvencia dasentidades financeiras. Os bancos deberían ter un 8% de core capital ou capital básico (porcentaxe de capital máis reservas do que as entidades poderían dispor inmediatamente ante unha eventualidade, sobre o total dos activos ponderados por risco). Para as que non cotizan en bolsa e non teñen accionistas privados, como as caixas, esa porcentaxe será do 10%. Estabamos ante unha das esixencias máis altas do mundo porque as normas internacionais de Basilea III obrigaban a acadar un 8% en 2015. O Goberno daba de prazo até o 30 de setembro de 2011 para cumprir con esas condicións, baixo pena de nacionalización parcial e converterse en bancos.

Isto é o que dicía Xavier Vence, catedrático de economía na USC, no seu artigo Por que se (nos) suicida o PSdeG? (Xornal de Galicia, 19-2-2011):

Atracar un banco é un delito. Atracar unha caixa non, coa única condición de que se faga ao grande e cun lexislador obediente á beira. Pode parecer unha brincadeira pero, poñendo a un lado toda a farrapada seudotécnica, é o que estamos vivindo en directo.

Cunha firmeza digna de mellor causa, o Goberno de Zapatero acaba de aprobar o decreto que pon as condicións leoninas necesarias para forzar ás caixas a autoliquidarse, bancarizarse e entregarse a fondos de investimento e bancos españois ou foráneos. É o golpe de graza ao sistema de caixas e, polo tanto, ao que elas representan en canto a patrimonio colectivo da comunidade de orixe, proximidade financeira e crediticia para PEME (Pequenas e Medianas Empresas), particulares e obra social. No noso caso supón entregar, grosso modo, nin máis nin menos que o 50% do noso sistema financeiro, a metade do aforro e do crédito que move o país.

As caixas eran e son aínda– unha das ferramentas estatutarias con maior potencial para o desenvolvemento do país. Os neocentralistas non se equivocan ao meterlles man. Tamén é certo que nisto coma no demais– o neocentralismo adapta as súa estratexia á correlación de forzas. Con Cataluña e País Vasco páctase porque se dan por perdidos– pero o resto enténdese que é agra madrileña e, polo que a complicidade de Feijoo deixa ver, non se equivocan de todo. É certo que o PP participa plenamente do proceso, pero tamén é certo que a responsabilidade é de quen goberna. O que raia na inmolación é Pachi Vázquez e os seus, coa súa irresponsable submisión ás decisións madrileñas, cando non caen no esperpento de reavivar outra vez a podremia localista con tal de disimular que desta Madrid róubanos a carteira e a alma.

La Voz de Galicia titulaba “Contra Galicia”, nunha especie de editorial, o 19 defebreiro de 2011, e dicía: “Primero se dejó agonizar la agricultura, la ganadería, la pescay la acuicultura. Luego fue desarbolada la industria naval. Más tarde se malvendieron los recursos que la hacían capaz de liderar el sector de la energía. Y ahora viene un Gobierno del PSOE y la desangra con una cuchillada a traición: pretende liquidar (a bajo precio) el principal motor financiero de la comunidad. ¿Se puede hacer más porempobrecer Galicia?”. Comparto totalmente esta denuncia, pero faltaba un pequeno detalle: non se dicía que o PP, durante eses anos e desde a Xunta, calou e foi cómplice de todas esas agresións do PSOE contra Galicia.

Xavier V ence criticaba o papel xogado polo empresariado do país, no artigoDerradeira elexía pola caixas (Xornal de Galicia, 26-3-2011): Descorazona que o empresariado deste país teña tan pouca clareza e conciencia dos seus intereses estratéxicos como para non converter isto nun auténtico casus belli. Descorazona que ese empresariado e outras forzas vivas sexan quen de erguer barricadas para estúpidas batalliñas localistas e fraticidas, pero sexan incapaces de falar alto e claro cunha única voz cando outros nos rouban o xoguete. En fin, temos o xusto pago por ser unha sociedade sen pulso propio, cunha elite gobernante vicaria e silenciada polo simple temor a perder unha esmola ou unha franquía.

2.1.2. O nacemento de Novagalicia Banco

Seguindo o modelo de La Caixa catalá e doutras caixas de aforro, o consello de administración de NCG acordaba o 24 de febreiro de 2011, cunha soa abstención, solicitar unha nova ficha bancaria para acometer a súa reestruturación, mais sen descartar outras alternativas. Segundo este proxecto, NCG sería o accionista maioritario deste banco asociado, que tería accionistas públicos e privados e só necesitaría o 8% decore capital.

O 13 de marzo de 2011 celebrábase en Santiago unha manifestación convocada polo BNG e a CIG, baixo o lema Galiza ten dereito. En defensa do aforro, o emprego e o país. O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, xustificaba esta convocatoria, aberta ao conxunto da sociedade galega: Temos un Presidente da Xunta que non lidera a defensa deste país, que se limita a laiarse, que fai de mal xestor e se limita a botar balóns fóra, non dá a talla fronte aos problemas que Galiza ten plantexados. En lugar de confiar na sociedade, o Presidente da Xunta confía no señor Rajoy, e o señor Rajoy non está. O goberno catalán si negociou e conseguiu adaptar as regras dese decreto. E, mentres, que fixo o goberno galego? Non fixo nada. Limitouse a esperar polo señor Rajoy.”

As negociacións para recapitalizar NCG leváronse con total secretismo. Anunciábase que o novo director do banco, José María Castellano, traería da man novos inversores, mais non se coñecía nin a cantidade que aportaban, nin a procedencia. Si sabiamos que Castellano presidía ONO, empresa do sector das telecomunicacións, hexemonizada por capital norteamericano.

Para o BNG, a bancarización da caixa é unha das decisións máis negativas tomadas nos últimos anos para Galiza, a crónica dun atraco legal, un espolio do aforro galego e un ataque ao autogoberno: PP e PSOE son os outros grandes responsábeis por asumir os ditados do FMI e da grande banca e criar un marco lexislativo para permitir que a banca absorbese ás caixas de aforro. Fixeron o contrario do que debían facer: no canto de reforzar o carácter social das caixas como xerme dunha futura banca pública, impulsaron o proceso de privatizalas para abrir un novo campo de negocio especulativo ao capital financeiro. PSOE e PP pactaron o FROB e a reforma da LORCA. En Galiza acordaron tamén a reforma da Lei de Caixas, que blinda o status dos directivos. Sen eles non tería sido posíbel que se perpetuase a privatización do aforro galego.

O 30 de setembro de 2011 o Banco de España anunciaba que NCG só tería unha participación do 6,84% en NCG Banco. Feijoo fixo o ridículo porque quince días antes anunciaba que, grazas á xestións da Xunta, tería o 15% do accionariado: “Puedodecirles que conseguimos incrementar en un 60% la participación de la caja en el banco. El compromiso para la constitución del banco es que la caja tiene que tener una participación del 15%”. (La Opinión, 16-9-2011).

Ante o desastre das xestións da Xunta, con graves repercusións económicas para o futuro deste banco, como é posíbel que non houbese editoriais nos medios de comunicación galegos esixindo responsabilidades políticas a Feijoo? Como é posíbel que non pedisen ao PSOE a destitución inmediata do Presidente do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordóñez, coñecido como MAFO– polos resultados desastrosos deste proceso para Galiza e porque non fixo absolutamente nada para impedir, estando informado o Banco de España, que cinco directivos das caixas galegas marchasen para casa con case 70 millóns de euros, ou frear a quebra da CAM (Caixa de Aforros do Mediterráneo), cando coñecía que os directivos desa entidade disfrutaban de créditos de millóns de euros, sen intereses, e que cinco altos cargos desta entidade se repartiron 15 millóns de euros en indemnizacións?

Por outra parte, o valor contable de 1.714 millóns de euros que tiña NCG quedaba reducido a un 10,56%, é dicir, 181 millóns de euros (é o que pagaron por dous xogadores do Real Madrid, Cristiano Ronaldo e Gareth Bale). Era unha cifra totalmente ridícula para unha entidade que tiña depósitos por máis de 77.000 millóns de euros. Sumados eses 181 millóns de euros á inxección de 2.465 do FROB, a valoración de NCG banco quedaba en 2.646 millóns de euros.

As comparecencias dos responsábeis das caixas e do Banco de España ante a Comisión de Economía do Congreso, celebradas en xullo de 2012, non arroxaron luz e acabaron converténdose nun auténtico esperpento. Todos procuraron autoexculparse e non houbo a mínima autocrítica.

Miguel Ángel Fernández Ordóñez comparecía como exgobernador do Banco de España e revelaba cales eran realmente as intencións desa institución. Declaraba MAFO que a súa estratexia foi sempre vender Novacaixagalicia (NCG) aos bancos grandes e que se permitiron a fusión das caixas galegas foi porque non se deixaba aos bancosmercar as caixas. “O que estaba planificado até agora –agora está paralizado polo Goberno– é vender NCG e Caixa Catalunya”. Recoñeceu que falou con Caja Madrid e aCAM para fusionar con elas ás dúas caixas galegas, pero que a Xunta decidiu que non habería fusións interrexionais. Manifestou, finalmente, que o Banco de España aprobou o plan de NCG porque doutro xeito tería que haber sido intervida.

Tamén comparecía Julio Fernández Gayoso, que, teoricamente, estaba xubilado desde 2006 pero que, na práctica, controlaba o Consello de Administración de Caixanova e non se facía nada nesta entidade sen o seu visto bo. A pesar desta evidencia, eludíacalquera responsabilidade e declaraba que “ni como presidente de Caixanova ni comocopresidente de Novacaixagalicia he tenido funciones ejecutivas. He ejercido mis cargos con carácter institucional y representativo”.

Sobre o informe da auditora KPMG que apoiaba a fusión das caixa galegas manifestaba Gayoso: “no lo conozco, nunca lo tuve en mi poder, no nos fue facilitado ala Caja”. E sobre a colocación de participacións preferentes? Non deu ningunha explicación. Presumía, ademais, de honradez: “No he cobrado ni un euro por mi jubilación”, cando é público que despois de xubilarse seguiu cobrando dietas pola súaasistencia aos consellos de administración da caixa e outras empresas e recibía unha pensión de 689.000 euros brutos anuais.

2.1.3. O escándalo dos ingresos dos directivos

Hai bastante secretismo e non coñecemos con exactitude cantos millóns de euros foron dedicados a contratos blindados, indemnizacións e xubilacións de ouro. José Luis Pego e Javier García de Paredes eran presentados no momento da fusión das caixas galegas como os auténticos líderes do futuro, mais un ano despois pasaban á prexubilación con 54 e 51 anos, respectivamente.

A pesar do escurantismo, coñecemos as contas desta entidade enviados ao Banco de España (El País, 6-5-2012): José Luis Pego, exdirector, cobrou 18,591 millóns de euros: 7,7 millóns en concepto de indemnización pola blindaxe do seu contrato e 10,891 millóns dun plan de pensións, que percibirá cando cumpra 65 anos. Javier García Paredes percibirá 10.682.544 euros: 5.580.544 euros de indemnización e 5.102.000 polo plan de pensións. Gregorio Gurriarán, responsábel da sección inmobiliaria, recibiu 14 millóns de euros: 4,8 pola prexubilación e 9,2 polo plan de pensións. Óscar Rodríguez Estrada exdirector adxunto de Caixnova, fora tamén xefe da obra social de NCGcobraba 8.863.000 euros: 691.000 de indemnización e 8.172.000 do plan de pensións. Coñecemos tamén que García Paredes tiña unha hipoteca cun saldo de 106.970 euros ao 1% e Pego outra de 333.800 euros ao 2%.

Producíase a prexubilación de tres directivos de NCG despois da primeira inxección do FROB de 1.200 millóns de euros en setembro de 2011 e antes da segunda de 2.465 millóns; posteriormente, tras a conversión en Novagalicia Banco, prexubilou a un cuarto directivo.

Sobre a cantidade que percibiu José Luis Méndez López cando se retira foi durante 29 anos director xeral de Caixa Galicia– déronse varias informacións. Segundo fontes próximas á familia, percibiu unha cantidade neta de 11,2 millóns de euros: 5,6 dun plan de pensións; 2,9 dun seguro de vida e 2,7 de indemnización por xubilarse aos 65 anos e non aos 70. Outras fontes sinalaban que Méndez López recibiu 16,5 millóns de euros.

José Luis Méndez concedeu un crédito de 10,5 millóns de euros, cando era director xeral de Caixa Galicia, a Promoción Urbanística Integral, da que era socio fundador. Méndez promovía Es Mirador des Trenc, macrocomplexo hoteleiro con 1.200 prazas e campo de golf no sur de Mallorca, que foi paralizado polo Tribunal Superior de Xustiza de Baleares, por unha denuncia dun empresario inmobiliario con intereses na zona e unha campaña de mobilizacións en contra de grupos ecoloxistas e partidos de esquerdas. O crédito, que vencía en 2011 foi renovado o 28 de febreiro desde ano por Novacaixagalicia, cinco meses despois da xubilación de Méndez (La Opinión, 21-5- 2015).

Cando salta o escándalo das indemnizacións, Méndez López aínda tiña secretaria, coche, chofer e escolta de seguridade, pagados por NCG. Presidía a Fundación Caixa Galicia, era conselleiro de Sacyr, de Tecnocom e presidía Ahorro Corporación (grupo de servizos financeiros participado pola Confederación de Caixas de Aforros). Ademais, despois de deixar o seu posto en Caixa Galicia, Méndez recibía anualmente 66.000 euros como conselleiro de Sacyr, 90.000 euros de Tecnocom etc.

Despois de facerse públicas a nefasta xestión de Caixa Galicia e as escandalosas indemnizacións dos dirixentes das caixas galegas, o BNG presentaba no Pleno municipal da Coruña do 10 de xullo de 2012 unha moción para retirar a José Luis Méndez, exdirector xeral de Caixa Galicia, o título de Fillo Predilecto da Coruña. Non puido ser debatida esta iniciativa porque non foi apoiada polo PP.

A medida que aumentaba a indignación na rúa, o PP cambiaba de opinión e o Pleno municipal da Coruña de 4 de febreiro de 2013 aprobaba cos votos de PP, BNG e EU, iniciar un expediente para estudar na Comisión de Honras e Distincións a revogación do título de Fillo Predilecto da Coruña a José Luis Méndez López (o PSOE abstívose porque a moción instaba a Mar Barcón e Salvador Fernández Moreda, que foron conselleiros de Caixa Galicia durante sete anos, a presentar a dimisión dos seus cargos públicos). Finalmente, o pleno municipal da Coruña de 6 de maio de 2013 aprobaba por unanimidade a retirada da citada distinción. O propio José Luis Méndez renunciaba ao título de Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña en abril de 2013, despois de que os Comités, organización de estudantes, presentasen unha proposta para a retirada desa distinción. Tamén a Deputación de Lugo aprobaba por unanimidade retirar a José Luis Méndez a Medalla de Ouro da institución. Julio Fernández Gayoso devolvía en Vigo a Medalla de Ouro da cidade en marzo de 2013, despois de que o Pleno municipal aprobase a súa retirada cos votos de BNG e PP (abstención do PSOE), e en febreiro de 2016 Gayoso renunciaba ao título de Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo, concedido en 2002 (xa en 2013 unha representación do alumnado no Consello de Goberno desa universidade solicitara a retirada desa distinción).

Entre os citados cinco exdirectivos recibirían 68,63 millóns de euros, ademais de quedar coas mans libres para seguir traballando na empresa privada. Unha auténtica vergoña porque os mesmos directivos que se autodesignaron unhas indemnizacións e pensións millonarias, aprobaron a perda de máis de 2.000 postos de traballo.

Julio Fernández Gayoso cobrou 469.590 euros en 2011 en concepto de dietas por asistencia a distintos consellos de administración, que sumados á pensión, dan un total de 1,158 millóns de euros (14 veces o salario do Presidente do goberno). En 2004 estaba prevista unha pensión de xubilación para Gayoso de 325.000 euros, que pasou a medio millón de euros en 2005, e posteriormente a 689.000 euros. O 25 de novembro de 2010, cinco días antes da fusión das caixas galegas, o consello de administración de Caixanova aprobaba unha importante modificación, que beneficiaba a Gayoso, xa que deixaba nas mans deste calquera modificación da póliza subscrita con Caser en 2006, que é cando se xubila e pasa a presidir Caixanova: “la conversión de la forma de cobro de la prestación en forma de renta en capital”, é dicir, que cando queira pode cobrar toda a pensión dunha soa vez e non mes a mes (podería chegar até os 19 millóns de euros).

Pego estaba moi agradecido non era para menos, despois de marcharse con máis de 3.000 millóns das vellas pesetas– e por iso despedíase cunha carta que titulaba Os quiero muchísimo (La Opinión, 15-9-2011): “La Caja, vosotros, las personas que en ellahabitáis, me habéis dado mucho. Más de lo que nunca hubiera llegado a poder imaginar. Más de lo que jamás podré llegar a devolver. Como sabéis, hoy emprendo el tránsito hacia otros destinos nuevamente y todavía desconocidos para mí. Lo hago por causas que me son ajenas, motivadas por las extraordinarias circunstancias que nos estátocando vivir”.

Ante o escándalo das indemnizacións, Mar Barcón portavoz municipal do PSOE no concello da Coruña, que estaba desde 2004 no Consello de Administración de Caixa Galicia e despois en NCG– presentaba a súa dimisión dese Consello. Declaraba quetomaba esta decisión porque consideraba “impúdicas” esas indemnizacións. Barcóncobrou 11.000 euros en 2010 como dirixente de NCG e ten moi mala memoria porque, segundo Clodomiro Montero (representante da CIG), a concelleira aprobaba os contratos de alta dirección e as indemnizacións no Consello de Administración de NCG de 28 de outubro de 2010. Informaba tamén Montero que NCG informou ao Banco de España e á consellería de Facenda da Xunta deses acordos. Este sindicalista explicaba que hai escurantismo porque PP e PSOE pactaron e votaron en contra dunha emenda á Lei de Caixas, presentada polo BNG, para que o salario dos directivos fose público.

Mar Barcón non devolvía os cartos que cobrou como membro do citado Consello de Administración porque, dicía, eran froito do seu traballo. Os directivos que cobraron esas indemnizacións deberían devolvelas. E deberían haber dimitido todos os cargos públicos que eran directivos de NCG.

As liquidacións do persoal por prexubilacións eran informadas na “Comisión de Retribucións” de seis persoas, que presidía Julio Fernández Gayoso e da que formaba parte Salvador Fernández Moreda. Esta comisión informaba o 4 de agosto de 2011 das previsións para os postos de alta dirección, que foron ratificadas no Consello de Administración de 25 de agosto de 2011, pero convenientemente camufladas, é dicir, sen especificar o que correspondía a cada dirixente de NCG. Por outra parte, a Xunta coñecía esas cantidades porque a auditoría que encargou tería que recoller as indemnizacións, segundo os contratos que tiñan os directivos.

Salvador Fernández Moreda non dimitía de nada e sacaba peito (La Opinión, 25-10- 2011): "Yo también puedo calificar de obscenas y desproporcionadas las indemnizaciones, pero el Consejo de Administración no ha aprobado ninguna indemnización. No dimito porque el Consejo no ha hecho nada ilegal ni irregular. Yo sé lo que aprobé en el Consejo y lo que no. Lo único que pasó fue que el Consejo se dio por enterado de que existían unos contratos, que contemplaban unas indemnizaciones. Cuando me vaya de allí me iré por la puerta grande". Poucos meses despois, Novacaixagalicia convertíase nunha Fundación e o 1 de agosto de 2012 facíase pública a dimisión de Gayoso, Mauro Varela e Moreda.

O xuíz da Audiencia Nacional, Ismael Moreno, que instruía a querela presentada pola Fiscalía Anticorrupción contra cinco exdirectivos de Novacaixagalicia polo cobro destas escandalosas prexubilacións millonarias, impuña en novembro de 2012 unha fianza por un total de 10,5 millóns de euros para cubrir a responsabilidade civil que puidese derivarse da causa: Javier García de Paredes (7,02 millóns de euros), José Luis Pego (1,92), Gregorio Gurriarán (1,21) e Óscar Rodríguez Estrada (347.920 euros). O xuíz requiría os mesmos importes a Julio Fernández Gayoso (fora presidente de Caixanova) como responsábel civil solidario. Alzáronse numerosas voces, sobre todo desde os sindicatos, demandando que José Luis Méndez López estivese tamén nesa querela.

Este xuíz consideraba que hai “indicios racionales de criminalidad” na actuación dos imputados, xa que acordaron mellorar os seus contratos de alta dirección “en su propiobeneficio y para asegurar sus intereses personales y preparar su prevista salida de laentidad”. Estas actuacións, realizadas supostamente en colaboración con FernándezGayoso, son constitutivas dun delito de administración desleal ou, alternativamente, de apropiación indebida.

A finais de outubro de 2013 o xuíz Moreno, a instancia dunha das fiscais, imputaba aos catros conselleiros, membros da Comisión de Retribucións, dependente do consello de administración de Novacaixagalicia: Mauro Varela, Salvador Fernández Moreda, Pilar Cibrán e Alfonso Zulueta de Haz. Tomaba esa decisión porque, segundo osestatutos da antiga caixa, a citada comisión tiña a función de “informar de la política general de retribuciones e incentivos para los miembros del consejo de administración, de la comisión de control, y personal directivo, y velar por la observancia de dicha política”.

Os cinco imputados pasaban a declarar ante a Audiencia Nacional e FernándezMoreda insistía nos seus argumentos o 27 de novembro de 2013: “Las tres personas queindemnizó Novacaixagalicia venían de Caixanova, con contratos de esa caja. Ni el Consejo de Administración, ni la Comisión de Retribuciones hizo, ni cuantificó, niaprobó la indemnización. Fue unicamente la ejecución de un contrato”.

Que dixo desta desfeita o presidente Feijoo? Que non sabía nada. Non quería asumir ningunha responsabilidade e cando o BNG solicitaba unha comisión de investigación sobre o escándalo das indemnizacións, Feijoo contestaba que non era o momento. Finalmente, e pola presión social, tivo que levar o tema ao Parlamento Galego.

Pero houbo outras propostas e alternativas, rexeitadas polo PP. Así, o BNG propuña que a Xunta mercase ao FROB 1.350 millóns de euros en 10 anos para ser o accionista principal de NCG Banco e convertelo nun banco de maioría pública galega.

Castellano garantizábase uns ingresos anuais de 900.000 euros (rebaixados a 300.000 polo Banco de España) e prometía que antes de finalizar 2011 habería unha entrada de capital galego en Novagalicia Banco con 150 millóns de euros, como mínimo. A cousa quedou en menos da metade (70,68 millóns de euros aportados por 17 empresarios, que representaba só o 2,66% da valoración de 2.646 millóns do banco) e a participación de Manuel Jove, Roberto Tejeiro ou Jacinto Rey quedou nunha inversión simbólica. Chamaba a atención a ausencia de fortunas galegas significativas como Rosalía Mera ou Amancio Ortega; este último preferiu, daquela, investir os seus aforriños en mercar, entre outras cousas, as Torres Picasso de Madrid por 400 millóns de euros.

Durante 2012 Castellano seguiu buscando inversores privados polo mundo adiante porque prometera conseguir 700 millóns de euros entre inversores privados, institucións e fondos. Non conseguiu nada e chegabamos a decembro de 2013 sen saber onde estarían os centros de poder dese banco, que decidirán sobre os nosos aforros.

O xuíz Moreno emitía o 13 de febreiro de 2014 un novo auto no que acusaba de delitos de apropiación indebida ou, alternativamente, de estafa, aos directivos Julio Fernández Gayoso, José Luis Pego, Óscar Rodríguez Estrada, Gregorio Gorriarán e Javier García de Paredes, así como a Ricardo Pradas, avogado, que xogou un papel fundamental nas millonarias indemnizacións, xuntamente con Gayoso, xa que levaron a cabo un plan para mellorar as condicións contractuais dos directivos e garantir así fabulosos ingresos no caso de abandonar a entidade, como así ocorreu. Outro auto sobresía a causa contra Mauro Varela, Salvado Fernández Moreda, Alfonso Xulueta deHaz e Pilar Cibrán porque a Comisión de Retribución da que formaban parte “no era el órgano encargado de aprobar las retribuciones, disponiendo solo de la facultad deinforme no ejecutiva”.

2.1.4. A comisión de investigación das caixas galegas

Dentro dos traballos da Comisión de Investigación das caixas galegas do Parlamento Galego, o 21 de xuño de 2013 comparecían os principais dirixentes de Caixa Galicia e Caixanova, que non asumiron ningunha responsabilidade. A Xunta do PP secuestrou a información do informe de KPMG cobre a fusión das caixas, así como datos sobre as indemnizacións millonarias que recibiron os dirixentes. Esta comparecencia quedou reducida a unha auténtica farsa.

José Luis Méndez, xubilado en Caixa Galicia en setembro de 2010, afirmaba que tanto a Xunta como o Banco de España coñecían os contratos de alta dirección. Julio Fernández Gayoso manifestaba que sempre estivo en contra da fusión con Caixa Galiciae que na emisión de participación preferentes en 2005 actuaron con “absoluta buena fe”.

Miguel Ángel Fernández Ordóñez (MAFO), que foi gobernador do Banco de España entre 2006 e 2012, non comparecía na Comisión e, na contestación a un cuestionario, non asumía ningunha responsabilidade no fracaso da fusión, venda de preferentes e indemnizacións. Atribuía todo o sucedido a unha falta de control por parte da Xunta eque as direccións das caixas galegas “no prestaron suficiente atención” ás súasrecomendacións.

MAFO informaba de que o Banco de España realizou catro inspeccións extraordinarias a Caixa Galicia entre decembro de 2003 e marzo de 2009. Na de 2007pediu que “moderara el crecimiento del riesgo crediticio hasta que mejorara sus controles internos”. Sobre a súa solvencia dicía que “era inferior” a outras caixassemellantes. Era urxente unha fusión, que explorou coa CAM e Caja Madrid. E sobre o control das millonarias xubilacións e blindaxes na caixa fusionada, manifestaba que correspondía á Xunta. Tampouco asumía responsabilidades na venda de preferentes porque, dicía, o control era competencia da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

O presidente de Novagalicia Banco, José María Castellano, comparecía en dita Comisión o 5 de xullo de 2013. Informaba de que había un grupo de inversores (cinco compañías de fondos de investimento, capitaneadas pola norteamericana Guggenheim) disposto a participar na subasta de NCG e que terían unha permanencia de, polo menos, cinco anos. Consideraba que esta sería a mellor opción para manter a sede en Galiza con todos os servizos centrais. Se un banco do Estado español conseguía o control de NCG, Castellano estimaba que se perderían outros 700 postos de traballo nos actuais servizos centrais da Coruña e Vigo. E por parte dos fondos, o seu obxectivo estaba claro: mercar barato, facer unha reestruturación dura e vender caro para obter así o máximo beneficio.

2.1.5. Agonía de Novagalicia Banco

A UE facía público o 28 de novembro de 2012 o plan de recapitalización, cun rescate de 5.425 millóns de euros para o noso banco (39.968 millóns para o conxunto das entidades nacionalizadas), que condenaba a NCG Banco a ser vendida a outra entidade ou, en caso contrario, a súa liquidación. Ademais, puña como condición para ese rescate o despido doutros 2.500 traballadores.

O FROB comunicaba oficialmente o 26 de decembro de 2012 que quedaba co 100% de NCG Banco. O fondo de rescate, controlado polo ministerio de Economía e o Banco de España, explicaba como se chega a esta situación, a través da chamada operación acordeón: reducindo a cero o capital que ten na actualidade NCG Banco porque ten unha valoración negativa (o banco foi taxado en 3.091 millóns de euros). Quedaban tamén reducidas a cero as participacións de 181 millóns de euros (6,84%) que tiña Novacaixagalicia hai quince meses, e os 70 millóns de inversores privados (2,59%), que só terán a vía xudicial para recuperar algo do que perderon. Despois NCG Banco recibía unha inxección de 5.425 millóns de euros do rescate europeo en exclusiva para o FROB, que pasaba así a controlar o 100% de NCG Banco. Nunha terceira fase poderían converter en accións ordinarias de NCG Banco os 1.162 millóns de euros en participacións preferentes que o Estado mercou para facilitar a fusión das caixas galegas, que deu lugar a Caixanovagalicia.

Feijóo que non fixo nada para defender os intereses de miles de familias afectadas polas preferentes, saía en defensa dos 19 inversores privados, entre os que estaban algúns dos máis importantes empresarios galegos, e declaraba: “A xente que investiudiñeiro unha vez que entrou o FROB e, polo tanto, que o capital era público, debe ter untrato diferenciado na decisión do FROB”.

O FROB tiña até decembro de 2017 para vender o banco en subasta competitiva e a normativa da UE impuña que en xullo de 2015 debería comezar a buscar comprador. Todo indicaba que o Banco de España e a UE querían que a venda fose a unha entidade financeira, mentres Castellano seguía buscando inversores estranxeiros.

Outras das condicións da UE para realizar o rescate da banca foi a constitución do chamado banco malo (SAREB-Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria). A banca nacionalizada trasladaría a este banco 37.109 millóns de euros en activos tóxicos vinculados ao ladrillo (5.096 millóns de euros proceden de NCG Banco).

Acababa o ano 2012 cuns balances moi preocupante. Segundo a patronal CECA, as caixas nacionalizadas tiveron unhas perdas de 12.000 millóns de euros entre setembro de 2011 e setembro de 2012: 1.874 millóns de euros NCG Banco e 7.778 millóns Bankia. A pesar destes datos, Castellano reiteraba ao cadro de persoal de NCG Banco que había inversores dispostos a entrar neste proxecto.

As centrais sindicais CCOO, UGT e CSICA acordaban coa empresa en febreiro de 2013 o cuarto expediente de regulación de emprego (ERE) que, até 2015, vai supor 1.850 prexubilacións e baixas (590 de Evo, que é a marca para fóra de Galiza). Súmanse ás sangrías do primeiro ERE en 2010, con 1.230 prexubilacións; o segundo en 2011 con 350 baixas voluntarias; o terceiro ERE en 2012 con 350 baixas voluntarias. Os sindicatos CIG, CGT e ASCA decidían non apoiar o cuarto ERE e impugnaban ese acordo ante a Audiencia Nacional.

Para 2013 estaba previsto o peche de 131 sucursais de Novagalicia Banco. Continuarían os peches até 2015 para quedar abertas 454 sucursais, que é o que permitía Bruxelas dentro do seu plan de reestruturación. Houbo unha importante repercusión na atención ao público e moitos concellos galegos quedaron sen oficina bancaria.

O proceso de liquidación das caixas de aforros demostra que, en moitas ocasións, economía e política van da man. En Galiza as cousas puideron facerse doutro xeito se non tivésemos unha Xunta entregada a intereses partidistas, deseñados desde a rúa Génova de Madrid, e un PSOE que actúa como unha auténtica sucursal de Madrid. En Euskadi e Cataluña hai unha maior conciencia nacional, tamén no empresariado e os axentes económicos, e as decisións económicas tómanse en clave de país. As tres caixas de aforros vascas fusionadas controlan o 100% do novo banco (Kutxabank), pecharon as portas á privatización e dedican a obra social o 30% dos beneficios. En Cataluña La Caixa controlará o 81% do banco (Caixabank). Aquí non controlamos nada.

O PP non asumiu ningunha responsabilidade, nin fixo a máis mínima autocrítica pola nefasta xestión da Xunta que coa súa pasividade contribuíu á liquidación do noso sistema financeiro. E con toda a desvergoña do mundo, a ponencia do seu congreso de Galiza, en xaneiro de 2013, dicía: “

Tarde piaches!

O Goberno, Banco de España e o FROB, é dicir, o PP, decidían que Bankia, con sede en Madrid, era sistémica e podía seguir en solitario, despois de recibir unha axuda de máis de 40.000 millóns de euros. Mais discriminaba a Galiza, non permitindo a continuidade de NCG con centro de decisión no noso país, e aceleraban a súa subasta para finais de 2013, a pesar de que o FROB tiña de prazo até 2017.

Para Galiza a existencia de NCG tamén é sistémica, é dicir, unha preza fundamental para manter un sistema financeiro galego propio coa repercusión que ten isto para o aforro galego e o desenvolvemento do noso tecido produtivo. Isto era o que reivindicaba a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, nunha pregunta por escrito ao Goberno para que explicase os motivos polos que Novagalicia Banco non ten para o Executivo a mesma consideración sistémica que BanKia. Que opinaba de todo isto Feijóo e o Goberno galego? Estaban desaparecidos; mellor dito, acompañaban a Rajoy nunha foto de familia nun paseo de verán polo ría Umia.

«As caixas de aforro galegas foron moi mal

xestionadas, poñendo en perigo polo seu descontrol, tanto no seu réxime de política crediticia (raiando a temeridade) como na estrutura dos fondos da súa obra social

(raiando en absurdos localismos), a totalidade da súa herdanza. Porque eses fondos dos que dispuxeron se dedicaron moitas veces a un uso máis suntuario que produtivo.

Nunha entrevista co comité de empresa en outubro de 2013, o portavoz do BNG, Xavier Vence, manifestaba que a venda de Novagalicia Banco supón “perder aferramenta que hoxe xestiona o 40% do aforro galego. A creación de empresas e a creación de emprego no futuro verase resentida nesa mesma proporción, nun momento en que Galiza precisa unha entidade comprometida coa economía produtiva”. Criticaba o papel que está a xogar o presidente da Xunta: “O señor Feijóo en lugar de entrevistarse cos vendedores, é dicir, co ministro Luis de Guindos, co responsable do FROB ou con Mariano Rajoy, para pedirlles que freen o espolio de NGB, reúnese coscompradores interesados en quedarse co botín”. Feijóo ponse a favor do proceso e iso éunha traizón aos intereses do país, cando debería estar liderando unha fronte en contrado espolio do aforro galego”.

Nesa reunión co comité de empresa, Vence desvelaba un dato de interese, despois deentrevistarse con José María Castellano: “A propia dirección da entidade trasladounos oseu desacordo con esta anticipación do proceso de venda, e confesou que non foi consultada e que, cando menos, debería esgotarse o prazo concedido até 2017 polaComisión Europea para completar o proceso”. "En calquera caso, sexa cal sexa o

escenario final, non podemos aceptar que conleve a destrución masiva de emprego 1.500 postos directos segundo as estimacións do comité de empresa. É responsabilidade da Xunta e do Goberno central preservar o emprego e a obra social, os centros de FP, os centros de maiores, as escolas infantís e os centros culturais que hoxedependen da obra social”.

O PP impedía o debate sobre o futuro de Novagalicia Banco e no Pleno municipal da Coruña de 18 de novembro de 2013 vetaba unha moción do grupo municipal do BNG que tiña co seguinte contido: frear o proceso de venda de Novagalicia banco; que se desenvolvan as leis necesarias para considerar Novagalicia Banco como unha entidade sistémica para Galiza e que no futuro se manteña como entidade financeira galega independente; que se estude a posibilidade de transformala nun banco público galego; rexeitamento de calquera tentativa de venda de NCG a outra entidade, que supoña a perda do seu vencello territorial con Galiza.

2.1.6. Banesco, banco venezolano, merca Novagalicia Banco a prezo de saldo

Banesco, banco venezolano fundado en 1992, mercaba Novagalicia Banco por 1.003 millóns de euros o 18 de decembro de 2013. A oferta, presentada a través do Banco Etcheverria, superaba ás presentadas por Caixa Bank, Santander, BBVA e o fondo Guggnheim. Despois de ingresar en Novagalicia Banco máis de 9.000 millóns de euros, as arcas públicas perden con esta venda máis de 8.000 millóns de euros. Novagalicia Banco e o Banco Etcheverria, tamén propiedade de Banesco, terían unha soa ficha bancaria e quedaba por decidir o nome da marca resultante. José María Castellano e César González Bueno, que dirixiron o proceso, rexeitaron a invitación do presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, para incorporarse ao cadro de persoal do novo banco.

Nesta ocasión o pez pequeno comeuse ao grande É unha situación realmente sorprendente porque Banesco tiña uns activos de 26.654 millóns de euros, mentres Novagalicia Banco tiña 56.754 millóns de euros. O patrimonio do primeiro era de 1.671 millóns, mentres o da entidade galega era de 2.675 millóns de euros. Os depósitos de Novagalicia Banco sumaban 35.367 millóns (controlaba o 38% dos depósitos e o 33% do crédito galego) e os de Banesco 23.313 millóns de euros. A carteira de créditos da entidade galega era de 28.786 millóns e de 14.234 a do banco venezolano. Había dous datos moi favorábeis para Banesco: en 2012 tivo uns beneficios de 1.016 millóns e 90 millóns de euros (antes de impostos) Novagalicia Banco; a ratio de morosidade era de 0,73% fronte ao 16,1% do banco galego.

Ninguén esperaba este desenlace despois de que Caixa Galicia tivese un beneficio de 357 millóns de euros en 2006, de 401 millóns en 2007 e 225 millóns de euros en 2008. As caixas galegas metéronse en negocios ruinosos, como foi a concesión de 14.371 millóns de euros en créditos para operacións inmobiliarias de dubidoso cobro. En dous anos o cadro de persoal de NCG pasou de 7.700 a 4.447 traballadores a finais de 2013.

Chegamos a esa situación despois dunha nefasta actuación do goberno de Feijóo. O informe que, por encargo da Xunta, realizou KPMG sobre a viabilidade da fusión das caixas galegas (tivo un custe dun millón de euros) afirmaba que a nova entidade tería un beneficio bruto de 2.671 millóns de euros entre 2010 e 2015 e que se poderían devolver sen problema os 1.162 millóns de euros que se necesitaban para a fusión. A Xunta do PP aínda non deu unha explicación polo fracaso destas previsións.

As condicións da venda de Novagalicia Banco foron moi beneficiosas para Banesco,un auténtico “regaliño”, xa que só tivo que pagar 400 millóns de euros no momento de firmar a compra e o resto en cómodos prazos até 2018. Ademais, Banesco recibía do FROB unha garantía do 85% (800 millóns de euros) sobre os procesos pendentes: preferentes, conflito xudicial coa aseguradora Aviva (reclama máis de 400 millóns de euros), os quebrantos dos seus activos traspasados ao Sareb (o chamado “banco malo”)e as cláusulas solo.

Abanca, a marca elixida por Banesco, tivo en 2014 un beneficio, despois de impostos, de 1.157 millóns de euros, que destinaba a fondos propios, é dicir, gañou nun ano máis do que pagou polo banco galego, e non tivo que devolver nin un euro dos 9.000 millóns de euros de diñeiro público que inxectou o Estado para sanear a entidade; un negocio fabuloso! Tivo eses beneficios grazas á aportación de 556 millóns de euros en créditos fiscais. Abanca tiña 2.200 millóns de euros recoñecidos neses créditos fiscais e en 2014 utilizou o 25% desa cantidade par aforrar o pago de impostos e incrementar así os seus resultados.

Tamén foi moi bo o ano 2015 porque Abanca tivo un beneficio de 330 millóns. Nesta ocasión non recorreu a esa vantaxe dos créditos fiscais e pagou 18,5 millóns de euros en impostos. Segundo o balance da propia empresa, Abanca controlaba o 41% da cota de mercado en Galiza do crédito e o 31% dos depósitos. A ratio de solvencia situábase no 16,01% e baixaba a morosidade ao 8,6%, cando a media no sector era de 10,01%.

Por outra parte, Banesco manifestaba a súa intención de centrarse no negocio bancario e desprenderse das participacións que Novagalicia Banco tiña en numerosas empresas. Nos últimos anos a entidade galega vendeu xa a participación que tiña en 20 empresas (NH, Sacyr, Calvo, Indra, T-Solar...) que xeraron uns ingresos de 308 millóns de euros.Podemos estar ante un fabuloso negocio para o banco venezolano, cuns ingresos de 4.000 millóns de euros, se vende os activos en máis de 100 empresas: CLH, bodegas Terras Gaudas, Sodiga, Filmax, Filmanova, inmobiliaria Lazora, Ahorro Corporación, Grupo Norvento, Ozona Consulting, Autopistas do Salnés, etc.

Para Xosé Manuel Beiras, portavoz de AGE, a operación de venda de Novagalicia Banco “é unha traizón e un espolio que debería obrigar á Xunta a dimitir”. Para Xosé Luis Méndez Romeu, portavoz do PSdeG, “é unha operación escurantista; Feijóoconseguiu arrasar en cinco anos o sistema financeiro galego”. Para Xavier Vence, portavoz nacional do BNG, “estamos ante unha nova aldraxe que implica a colonización financeira de Galiza, consentida pola traizón de dous galegos: Feijóo e Rajoy”.

O BNG entregaba un escrito ante a Fiscalía Anticorrupción denunciando ao ministerio de Economía, como responsábel do FROB, e ao Banco de España por presuntos delitos de prevaricación (elixiron a sabendas o peor momento para vender Novagalicia Banco, cando tiñan de prazo até 2017) e de malversación de caudais públicos porque só ingresaron 1.000 millóns de euros cando houbo unha inxección de 9.000 millóns de euros de diñeiro público para reflotar o banco, que pagamos todos os contribuíntes, ademais de excluír no cómputo da venda 2.260 millóns de euros en exencións fiscais. A venda era innecesaria porque había condicións suficientes para a súa continuidade como entidade independente e non é máis que a culminación da liquidación do sistema financeiro galego.

A propaganda oficial insistiu moito en que a oferta gañadora era o mal menor, como se non houbese outras alternativas. Juan Carlos Escotet, que é propietario do 80% do banco, anunciaba que os centros de decisión seguirían en Galiza, que mantería o emprego e aumentaría o crédito (prometía 8.900 millóns de euros en créditos a PEMEs e particulares en catro anos).

Sobre o futuro dos postos de traballo, Escotet manifestaba: “¿Garantizar el empleo? Eso es tan obvio que ni lo menciono”. Pois debería mencionalo porque en 2012 falaba dun sistema financeiro cun “rostro más humano”, mentres despedía en Caracas a máisde 1.000 traballadores, alegando unha suposta “reestruturación”. Clodomiro Montero,representante da CIG, cualificaba de contraditoria a actitude de Banesco que, por unha parte, dicía que ía manter o emprego, mais por outra manifestaba que seguiría adiante co ERE aprobado en febreiro de 2013, co peche de 74 oficinas e a saída duns 350 traballadores.

Estamos salvados, a operación foi un éxito! Esta era a mensaxe oficial difundida, como recollía o titular a cinco columnas na primeira de La Voz de GaliciaBanesco salva a NCG. É unha evidencia que en poucos anos Feijóo e o PP conseguiron desmantelar o sistema financeiro galego: Novagalicia Banco, Pastor, Banco Gallego,Evo, Etcheverria...Agora o futuro dos nosos aforros vai depender das decisións que setomen en Caracas, Madrid ou Barcelona, mais Sofía Vázquez titulaba o seu artigo: A Galicia no la borran del mapa”, no que dicía: “La gallega evitó formar parte de esas nueve comunidades autónomas que han perdido sus entidades financieras”. Na páxinaseguinte dese mesmo xornal, Xosé Luís Barreiro Rivas titulaba o seu artigo: Se este banco é galego que o demo me leve (La Voz de Galicia, 19-12-2013), lembrando o poema de Curros Enríquez. E facía a seguinte valoración:

Aquella caja, por la que la Xunta vendió su alma al diablo, llega a su destino convertida en un banquito, de capital íntegramente venezolano, sujeto a todas las turbulencias propias del país en el que nació Banesco, y pendiente del azaroso programa económico y monetario que está trazando Maduro. A Núñez Feijoo, autor de la famosa jaculatoria tantas veces repetida –“una caja solvente, gallega y no bancarizada”– le salen las cuentas, y siente el orgullo de haber salvado el “sistema financiero gallego”. Pero a mí no me salen, y creo que esta triste historia se merecía –¡y pudo tener!– un final más feliz...

Va a comenzar la apisionadora mediática para convencernos de que Banesco es el “santo advenimiento”, que los gallegos no nos merecemos tanta suerte –como decía Romay por Fraga, y que toda España se está babando de envidia al ver que Dios escribe derecho con líneas torcidas, y que la sarta de disparates que destruyó nuestras cajas se resume finalmenteen esta “caja solvente, gallega y no bancarizada” que por fuera parece un banco venezolano y que por dentro es una cuenta mancomunada de Castelao y Rosalía Castro juntos. Así que ¡a brindar!

Por favor, que non insistan máis coa súa propaganda porque xa estamos todos convencidos: Banesco non é un banco venezolano, como pode parecer, senón un banco galego.

Todo parece indicar que o negocio vai ben porque Banesco, o dono de Abanca, non descarta mercar outros bancos e en xuño de 2015 mantiña 113 oficinas fóra de Galiza. Por outra parte, mercaba no paseo de Recoletos en Madrid a antiga sede do grupo Planeta por 44 millóns de euros. É un edificio de 3.700 metros cadrados, previsto para albergar os servizos centrais de Madrid.

Abanca tiña 4.250 traballadores a finais de 2015, cando eran 10.000 antes da fusión das caixas. A CIG denunciaba que mentres mantiña dous expedientes de regulación de emprego (EREs), os directivos tiñan salarios moi elevados, como o conselleiro delegado, Francisco Botas, que cobraba anualmente 1,6 millóns de euros.

E sobre o comportamento laboral desta empresa, xa hai algunha noticia. Unha sentencia da Audiencia Nacional obrigaba a Abanca en febreiro de 2016 a rexistrar a xornada efectiva do persoal e as horas extraordinarias, despois dunha denuncia presentada pola CIG, apoiada por CCOO, UGT, Csica e Asca. A CIG falaba de extensión ilegal da xornada e de fraude laboral (a EPA revelaba que o 56% das horas extra realizadas no Estado en 2015 non foron retribuídas, nin cotizaron á Seguridade Social). Lembraba tamén a CIG que Abanca conta en 2016 con 122 empregados menos que en 2014 e que os traballadores realizan miles de horas extras, que o banco se nega a recoñecer.

2.1.7. O futuro da obra social de Abanca

Despois da venda a Banesco, cal será o futuro da Fundación Novacaixagalicia, agora Afundación, e da súa obra social (entre outras cousas, xestionan 12 centros de maiores, 12 centros socioculturais, seis escolas infantís), que tiñan 344 millóns de euros de activos, 97 infraestruturas en toda Galiza e 335 traballadores?

Xa comezamos a padecer a redución na obra social desde a fusión das caixas galegas.

Antes da fusión, a obra social de Caixanova e Caixa Galicia tiña en 2008 un presuposto conxunto de 146 millóns de euros e 110,4 millóns en 2009. Segundo a Comisión nacional do Mercado de Valores (CNMV) Novacaixagalicia destinou 60 millóns de euros en 2010 a obras social, un 40% menos que antes da fusión. Para 2011 NCG tiña previsto destinar 87 millóns de euros, mais o seu consello de administración acordaba no verán de 2011 reducir esa cantidade a 32 millóns de euros. Até o ano 2015 deixaba un remanente de tesourería de 95 millóns para catros anos, é dicir, que para 2012, 2013 e 2014 quedarían 21 millóns de euros anuais. O orzamento de Afundación para 2016 era de 26 millóns de euros, é dicir, o 17% do que tiñan as caixas galegas en 2008. E ninguén fala destas cousas!

Na Coruña, por exemplo, xa venderon as instalacións da rúa Médico Rodríguez e non está claro o futuro das instalacións culturais que tiña Caixanova na Mariña e Caixa Galicia en Ronda de Nelle e as instalacións en uso xa non se ceden gratuitamente a asociacións e entidade culturais. Por outra banda, quedaba rescindido o convenio coa Deputación da Coruña para xestionar a programación cultural do teatro Colón.

A colección de arte de NCG está formada por 1.343 pezas de arte moderno e contemporánea. É propiedade da sociedade galega porque foi acumulada cos beneficios do aforro de todas as galegas e galegos. A declaración como BIC dese patrimonio é insuficiente porque non impide a súa venda, nin que acabe en mans privadas, nin que saia fóra de Galiza. Sobre este tema, o BNG presentaba no Parlamento Galego unha Proposición non de Lei para que non se realice a venda desa colección, que se unifique nun único expediente a declaración como BIC do conxunto das obras que integran a colección das caixas galegas, e que se tomen medidas para que eses fondos sexan expostos e coñecidos polo conxunto do pobo galego. PP e PSOE votaron en contra.

O director xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta, Manuel Galdo, informaba o 27 de febreiro de 2014 que a obra social de NCG tiña un patrimonio de 280 millóns de euros e unha liquidez de 80 millóns de euros. Informaba tamén da falta de control e dispendio que había na obra social; os altos cargos cobraron 443.483 euros en 2012 por dietas de asistencia os órganos de Goberno e doce directivos da Fundación NCG ingresaban máis de 12 millóns de euros. Despois de mercar Novagalicia banco, Banesco anunciaba que non habería máis recortes do cadro de persoal (240 traballadores na actualidade), nin baixada dos salarios. Será suficiente para garantir o futuro?

2.1.8. Xuízo contra directivos das caixas galegas polas xubilacións millonarias e os investimentos en proxectos inmobiliarios

Os principais acusados José Luis Pego, Gregorio Gorriarán e Óscar Rodríguez Estrada– declararon no xuízo que os seus contratos eran legais, tiñan o visto bo da comisión de retribucións do Banco de España e que cumprían as recomendacións comunitarias.

Tamén declararon varios membros do Consello de Administración de Novacaixagalicia. Case todos declararon que non sabían nada e que tiveron coñecemento pola prensa das indemnizacións. Salvador Fernández Moreda, exvicepresidente de Caixa Galicia e despois de Novacaixagalicia, manifestaba que cando tivo coñecemento pola prensa das cantidade das indemnizacións, parecéronlle un“escándalo” e que creaba “alarma social”, pero que nunca dubidou da súa legalidade.Cando Moreda deixa en 2015 o seu posto de concelleiro do grupo municipal socialistana Coruña foi “recolocado” como asesor da Valedora do Pobo, cun salario bruto anual de 61.000 euros. Ángeles Marra, senadora socialista, que fora conselleira en Caixa Nova e Novacaixagalicia, manifestaba que nos consellos de administración non recibiu toda a documentación dos contratos dos directivos. Descoñecía tamén que os contratos semodificasen en 2010 para adaptalos ao pacto laboral de fusión das caixas. “La verdad esque quizá debí haberme leído mejor las actas. Pero teníamos plena confianza en ladirección”. Aseguraba que a única causa da súa dimisión foi que non lle pareceron éticas as indemnizacións.

Mar Barcón, concelleira socialista na Coruña e que estaba no consello de administración en representación da Coral Polifónica de Betanzos, manifestaba que dimitiu cando tivo coñecemento pola prensa das indemnizacións, “porque habríanpasado delante de mí y no me había enterado, por lo que habría hecho mal mi trabajo, o nos lo habían ocultado y se le habían pasado a todo el mundo”. Javier Caínzos, alcaldede Curtis, tamén coñeceu as indemnizacións pola prensa e declaraba que confiaba no consello de administración. Mauro Varela, que fora presidente de Caixa Galicia e copresidente de Novacaixagalicia, manifestaba que o Banco de España coñecía osdetalles dos pactos laborais da alta dirección e que “era el primer documento que pedíacuando procedía a auditar la institución”.

A Audiencia Nacional facía pública o 22 de outubro de 2015 a sentenza polo caso das prexubilacións millonarias (foron cobradas todo xunto ou capitalizada e non mes a mes) de directivos de Novacaixagalicia, confirmando a acusación da Fiscalía Anticorrupción de que os procesados José Luis Pego, exdirector xeral de Novacaixagalicia, Gregorio Gorriarán, exdirector do grupo inmobiliario, e Óscar Rodríguez Estrada, exdirector da oficina de integración, tiñan un contrato de alta dirección, pero no momento da fusión das caixas “urdieron un plan”, con “la colaboración esencial e imprescindibel” de JulioFernández Gayoso, copresidente de Novacaixagalicia, e de Ricardo Pradas, avogado,cuxa “finalidad no era otra que mejorar su posición y condición económica” ante “el supuesto más que probable, razonable y lógico” de que, cando se acabasen as axudaspúblicas, os novos donos decidisen prescindir deles.

A sentenza destacaba que a entidade valía 181 millóns de euros e tivo que provisionar 29,9 millóns de euros e abonar máis de 24 millóns como consecuencia dos novos contratos, cantidade que abonou integramente o FROB, organismo que co diñeiro público inxectado posibilitou a subsistencia de NCG.

Os tres directivos foron declarados culpábeis de administración desleal e apropiación indebida e condenados a dous anos de prisión, inhabilitación profesional durante ese período e unha multa de 75.000 euros. Pego tivo que devolver 8.588.950 euros, Gorriarán 5.192.798 e Rodríguez Estrada 239.904 euros. En total tiveron que devolver 14,02 millóns de euros dos 18,9 millóns que cobraron como indemnizacións. Javier García Paredes, exdirector xeral adxunto de Novacaixagalicia, foi absolto porque o seu contrato era novo e retivo os 5.659.037 euros que cobrou. Gayoso e Pradas foron condenados a dous anos de prisión, inhabilitación profesional e multa de 75.000 euros. José Luis Méndez, que fora director xeral de Caixa Galicia, non foi imputado pola Fiscalía Anticorrupción. Como se trata de penas iguais ou inferiores a 24 meses, é probábel que ningún dos cinco condenados ingrese en prisión.

Por outra banda, a sentenza subliñaba que os acusados realizaron este plan “abusandode las funciones propias de sus cargos, ante la probabilidad de que no se contase con susservicios por los nuevos inversores de la nueva entidad”; “en detrimento del patrimonio de la sociedade, disponiendo fraudulentamente de los bienes de la sociedad” e “vulnerando deliberadamente la legislación comunitaria y española sobre remuneraciones de altos cargos teniendo en cuenta que la entidad estaba participada porel Estado mediante la correspondiente aportación de dinero público”.

Coñecida a sentenza da Audiencia Nacional, Francisco Jorquera, deputado do BNG, pedía depurar responsabilidades políticas na comisión de Economía do Parlamento de Galicia de 4 de febreiro de 2016, polo “saqueo” das antigas caixas. Aseguraba que oacontecido non sería posíbel se o Banco de España exercera o seu deber de tutelar ás entidades e a Xunta, que ten competencias exclusivas, velara polo bo goberno dascaixas galegas. “O saqueo das caixas non se tería producido se Feijóo non concedese untempo extra aos altos directivos das caixas”. Lembraba este deputado que “a lei decaixas, a iniciativa do BNG, tiña unha tripla intención, reforzar a supervisión pública, impedir a súa absorción por entidades foráneas e forzar a remoción dos seus antigos dirixentes, pero o PP e o PSOE introduciron unha modificación, permitindo continuar nos seus cargos a aqueles membros que formaran parte dos órganos de goberno dasentidades fusionadas”. E concluía Jorquera: “A Xunta tiña a obriga de vixiar as funciónsdo consello de administración e contaba cun representante nese organismo. Vostede, Sr. Feijóo, o que fai é pasarlle a pelota ao Banco de España, pero a Xunta tamén tiñacompetencias e inhibiuse de exercelas”

Aínda quedaban causas pendentes e despois de coñecida a sentenza polas prexubilacións, Gayoso, Pego, Gorriarán e Domingo González Mera, máximos responsábeis da Caixanova, e Miguel Aragonés e Delfín Ferreiro, vogais da comisión delegada desa entidade, declaraban o 15 de decembro como investigados na Audiencias Nacional, que instruía unha das sete operacións de financiamento de proxectos inmobiliarios, que o FROB xa denunciara á Fiscalía Anticorrupción por irregularidades na concesión de créditos. A Audiencia Nacional admitira a trámite esa denuncia de Anticorrupción polos delitos de administración desleal e apropiación indebida contra 17 persoas, entre elas a excúpula de Caixanova. Están investigados pola concesión dun crédito de 67 millóns de euros en 2007 para adquirir terreos no concello madrileño de Rivas-Vaciamadrid, que acabou en 2010 coa dación en pago das fincas cando entraron en crise os propietarios das mesmas. Por outra banda, poden chegar á Audiencia Nacional, remitidas polo FROB, outras 13 operacións sospeitosas de Caixa Galicia e Caixanova vinculadas ao ladrillo e que puideron provocar un quebranto de 980 millóns de euros ás caixas galegas. Entre os edificios afectados está In Tempo en Benidorm, de 52 plantas, que é o edificio máis alto do Estado de uso residencial. Foi promovido por Caixa Galicia e está sen rematar porque a promotora Olga Urbana entrou en concurso de acredores.

2.2. GALIZA PERDE O BANCO PASTOR

José María Arias, presidente do Pastor, presumía de independencia, mais a crise acelerou os acontecementos despois de que en xullo de 2011 os tests de estrés anunciasen que a Autoridade Bancaria suspendía ao Pastor.

O desmantelamento do sistema financeiro galego consumábase o 7 de outubro de 2011 Día da Virxe do Rosario, patroa da Coruña– cando coñeciamos a compra do Banco Pastor polo Banco Popular por 1.362 millóns de euros.

O Popular lanzou unha Oferta Pública de Adquisición (OPA) sobre o 100% dos títulos, garantindo aos accionistas do Pastor unha revalorización do 35,7% por acción. A Fundación Barrié tería o 7,5% do novo grupo (anunciaron que duplicaría o seu investimento na obra social e curto prazo e triplicarían a medio prazo, chegando a 30 millóns de euros en 2014) e contaría con tres membros no consello de administración.

O Grupo Popular pasaba a ter 161.000 millóns de euros en activos (31.000 procedentes do Pastor) e controlar o 18% do mercado financeiro galego; 2.810 oficinas en todo o Estado (588 do Pastor) e 16.380 traballadores (4.269 do Pastor). Terá sete millóns de clientes, 98.000 millóns en depósitos e 122.000 millóns de euros en créditos. As dúas entidades tiñan unha importante exposición ao sector inmobiliario con 31.283 millóns de euros prestados (4.963 do Banco Pastor). O Banco Pastor mantería a súa marca en Galiza. Quedaba por determinar o peche de oficinas e a redución de persoal nos próximos anos.

Sobre esta operación o Presidente do Pastor, José María Arias, dicía que “surge de laoportunidad y no de la necesidad; tiene un enorme sentido estratégico. Galicia estáganando una posición importante en el quinto grupo financiero español”.

Para Andrés Faíña, catedrático de Fundamentos de Análise Económico da Universidade da Coruña (La Opinión, 8-10-2011) “a noticia é mala para Galicia porquepierde el centro de decisión y capacidad de interlocución. Los grandes proyectos van aestar controlados desde Madrid”. Para Xavier Vence “Galicia perde definitivamente ocontrol de todo o seu sistema financeiro e a Xunta, ou está desaparecida ou non ten capacidade de reacción. Non só se resentirá o sector e os traballadores, senón o tecido económico e empresarial.

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira (PP), declaraba nun primeiro momento (La Opinión, 11-10-2011): “No es una buena noticia. Es la crónica de una muerte anunciada, impulsada por el Gobierno de España, con su política de concentración financiera, y el Banco de España, como brazo ejecutor”. Para Javier Losada (PSOE) era “una mala decisión para los intereses estratégicos de la ciudad”. Para Francisco Jorquera(BNG) “ ́é unha mala noticia para Galiza e para A Coruña, que perde a súa condición de centro financeiro. Ten uns claros responsábeis políticos, o PP e o PSOE, porque apostaron por unha reestruturación do sistema financeiro que suporá unha maior concentración do sector e para Galiza ten a nefasta consecuencia de perder as súasentidades propias”.

Negreira enseguida cambiaba de opinión e, despois de entrevistarse cos dirixentes dobanco, xa non expresaba “preocupación”, senón que sentía “buenas vibraciones”. Porque os alcaldes da Coruña sempre están felices xa pasou con Fadesa– cando desaparecen centos de postos de traballo? Parece que plantar cara ao capital está mal visto politicamente.

A pesar da crise económica e de todo o proceso de absorción polo Banco Popular que viviu o Banco Pastor, con redución de sucursais, desprazamentos e despedimentos de traballadores, José María Arias recibía, como prexubilado do Pastor, 17,055 millóns de euros (3,369 millóns en concepto de aportacións a fondos de pensión e 13,686 millóns de euros de obrigacións contraídas) e un salario de 1,33 millóns de euros, polo primeiro trimestre de 2012, segundo informaba o propio Banco Popular.

O desmantelamento do sistema financeiro galego completábase coa compra do Banco Etcheverría (NCG controlaba case o 50% das accións) por Banesco, un dos maiores bancos de Venezuela, que pagaba 42 millóns de euros para facerse co 70% do banco. O Sabadell mercaba o Banco Gallego, que tiña 183 oficinas (117 en Galiza) e 740 empregados.

Evo Banco, que agrupaba a antiga rede de oficinas das caixas galegas fóra de Galiza (con 80 oficinas e 590 traballadores) era adquirido polo fondo norteamericano Apollo o 6 de setembro de 2013. Con esta operación o FROB ingresaba 60 millóns de euros e os traballadores verían reducido o seu salario unha media dun 7,2%.

2.3. A ALTERNATIVA DA BANCA PÚBLICA GALEGA

Fronte ao proceso de converter as caixas de aforros en bancos e o posíbel posterior control destes por capital alleo, o BNG presentaba en abril de 2012 un modelo de banca pública galega que, por outra parte, está presente nos países con maior crecemento económico. Permitiría que o crédito chegase ás empresas, freando a destrución de emprego e garantiría o fluxo básico de diñeiro á economía produtiva, detendo a destrución de empresas. Por outra parte, daría financiamento ás administracións públicas, que non dependerían da volatilidade dos mercados.

O catedrático da USC Xavier Vence, que coordinou este proxecto, declaraba: “NoEstado español instalouse dende os anos 90 unha mentalidade neoliberal, entregada á idea de que a banca pública non tiña cabida no noso sistema económico. Hoxe podemos constatar que outros países que economicamente lles vai moito mellor que a nós, seguentendo banca pública e cunha gran implantación”.

Vence puxo como exemplo a Alemaña, que conta cunha amplísima rede de 410 entidades financeiras de capital público, que dan fol financeiro para o funcionamento e expansión das pequenas e medianas empresas alemás. Outros países como Austria, Noruega e moitos dos países emerxentes que máis medran (Brasil, India, China ou Sudáfrica) teñen unha potente banca pública. O BNG consideraba que para construír esta banca pública había dúas opcións:

- Que a actual participación maioritaria do 92% que ten o FROB en Novagalicia Banco se converta nunha participación pública. A representación dese capital público sería transferida ás institucións galegas, en particular á Xunta de Galiza. Dese xeito pasaría a ser un banco público que garantiría a súa sede social en Galiza e, sobre todo, unha política ao servizo do tecido produtivo e do sector público galego.

- A outra opción é que se o Banco de España decide seguir a estratexia de desfacerse de NCG Banco pola vía dunha subasta, o goberno da Xunta debería por en marcha unha estratexia alternativa para a configuración dunha banca pública. Cun volume de recursos de ao redor dos 500 millóns de euros, a Xunta podería poñer en marcha unha entidade financeira de capital público con dimensión suficiente para poder cumprir unha función relevante dentro do sistema financeiro galego.

Xavier Vence subliñaba que a creación dunha banca pública galega “é posíbel facelo,hai exemplos para iso, o marco lexislativo permite crear este tipo de entidades e cremos que é preciso tomar unha decisión política que dende o BNG queremos impulsar.

2.4. O NOSO AFORRO TAMÉN EMIGRA

As persoas emigran porque na súa patria non vén futuro. Desde o inicio da crise en 2008, saíron de Galiza 158.000 persoas (o 60% a outra comunidade autónoma). E desde 2009 emigraron 132.000 persoas entre 16 e 29 anos, segundo o Instituto Galego de Estatística.

E o noso aforro tamén emigra. De cada 100 euros depositados nas entidades bancarias de Galiza, só 76 euros foron destinados a crédito no noso país, segundo un estudo do economista Aleixo Vilas (Sermos Galiza, 8-10-2015), que recollía datos do Boletín Estatístico do Banco de España. A xuño de 2015 os depósitos ascendían a 57.749 millóns de euros, os créditos a 44.059, é dicir, hai 13.690 millóns de euros que emigran a serven para fornecer créditos noutras comunidades autónomas. Na relación créditos/depósitos de todas esas comunidades, Galiza está a última con 0,76, cando a media estatal é de 1,18.

Po outra banda, se temos en conta a poboación, que en Galiza representa o 5,88% do Estado, o crédito galego só representa o 3,15% do total, é dicir, que temos un crédito per cápita de 0,54, o penúltimos do Estado, despois de Estremadura, que ten o 0,53.

Desde 2009 a xuño de 2015, Galiza tamén foi a comunidade que maior porcentaxe de crédito perdeu, un 38,2% (27.224 millóns de euros) e pasamos de 71.283 millóns de euros a 44.059.

Se analizamos a evolución dos depósitos no citado período, resulta que en Galiza aumentaron en 3.877 millóns de euros, pasando de 53.872 millóns de euros en 2009 a 57.749 en xuño de 2015, é dicir, unha variación relaiva de +7,2%, mentres a media estatal foi de -1,3%.

A evolución da relación créditos/ depósitos nese período tamén é moi negativa para Galiza (-42,42%), xa que pasamos dun 1,32% en 2009 a 0,76% en xuño de 2015, cando a media estatal foi de -21,885%, -9,35% en Euskadi, -17,60% Madrid, -19,42% Navarra, -25,36% Andalucía. En definitiva, se en 2009 concedían 132 euros de crédito por cada 100 euros depositados, en 2015 conceden 76.

Con estes datos, Aleixo Vilas tira as seguintes conclusións:

  1. O Aforro dos galegos e galegas emigra e non redunda na concesión de crédito no país.

  2. As políticas adoptadas durante a crise, en especial durante o goberno de Rajoy, tiveron un claro

    carácter antisocial, mais tamén unha forte recentralización política e económica.

  3. O proceso de reestructuración bancaria tivo como consecuencia evidente a centralización e concentración bancaria e financeira, favorecendo os intereses das elites políticas e económicas radicadas na capital do Estado español, sendo Galiza o territorio máis prexudicado neste

    proceso..

  4. A alternativa para mudar esta tendencia pasa por dotármonos de capacidade de decisión propia e

    entidades financeiras que garantan que o noso aforro se destina a dotar de crédito para impulsar

    o investimento nos nosos sectores produtivos.

  5. A lóxica dunha banca privada con centros de decisión afastados de Galiza, integrada fortemente

    nun modelo centralizado español amósase como totalmente inservíbel para o noso país.

  6. É máis necesario que nunca impulsar entidades financeiras galegas propias, como a creación dunha Banca Pública Galega ou cando menos e como primeiro paso, un Instituto de Crédito e Investimento, tal e como ten proposto o BNG en numerosas ocasións.

 

Manuel Monge

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta