As vendas de coches repuntan un 21,7% en Galicia

Tras un 2021 cunha caída nas matriculacións do 17% e despois de comezar 2021 cunha baixada do 4%, as vendas en Galicia volven a terreo positivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a venda de 1.954 turismos en febreiro, o que supón unha repunta do 21,7% en comparación co mesmo mes de 2021, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam).

Tras un 2021 cunha caída nas matriculacións do 17% e despois de comezar 2021 cunha baixada do 4%, as vendas en Galicia volven a terreo positivo. Fano, principalmente, lideradas polo forte incremento en coches eléctricos e híbridos, que supuxeron 837 no segundo mes de 2022 (+64,7%). De feito, a alza do 21,7% na comunidade galega supón triplicar o avance do 6,5% que se produce na media española. Trátase da sexta maior subida entre autonomías, que lidera en febreiro Baleares (+107%).

As matriculacións de vehículos de gasolina tamén crecen (16,9%) e alcanzan as 795, aínda que os vehículos eléctricos e híbridos son xa os que máis se venden en Galicia. En cambio, os coches de diésel continúan co seu esborralle na comunidade galega, só houbo 322 vendas en febreiro, o que se traduce nun 22,8% de descenso respecto de 12 meses antes.

Concesionario / GANVAM - Europa Press. / Europa Press
Concesionario / GANVAM - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta