O conflito do lixo na Coruña, á espera dunha nova reunión

A alcaldesa da Coruña declarou a emerxencia sanitaria e contratou á empresa Tragsa para reforzar o servizo de recollida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O conflito da recollida do lixo na Coruña permanece sen avances despois de que a empresa e os traballadores se emprazaran de novo a unha reunión o vindeiro xoves, ás 16,00 horas, para desatascar as diferenzas. Os traballadores da concesionaria, PreZero, saíron a traballar escoltados pola Policía e, como confirmaron a Europa Press fontes municipais, nas últimas horas non houbo ningún camión afectado por actos de vandalismo.

Si se contabilizaron outros catro colectores queimados na cidade, pero estas mesmas fontes advertiron de que noutras datas festivas de Entroido xa se rexistraron este tipo de actos sen haber conflito polos lixos. 

Colectores sobordan de lixo no barrio de Monte Alto da Coruña pola falta do servizo de recollida de lixo tras a terceira madrugada de incidentes polo conflito do lixo, a 25 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Colectores sobordan de lixo no barrio de Monte Alto da Coruña pola falta do servizo de recollida de lixo tras a terceira madrugada de incidentes polo conflito do lixo, a 25 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

O presidente do comité de empresa, Luís Varela, tamén desvincula, unha vez máis, os actos de vandalismo, que en días pasados si afectaron a camións de recollida, así como a colectores. Tras as negociacións deste luns entre empresa e traballadores, coa mediación de inspección, ambas as partes volverán atoparse o vindeiro xoves. "Non chegamos a un acordo pero tentamos achegar posturas", explicou Varela.

Ademais, o comité de empresa solicitou unha reunión coa alcaldesa, Inés Rey, para explicarlle a situación que, en síntese, deriva dun "incumprimento" do "convenio colectivo". "O que estamos a pedir é o cumprimento do convenio, non estamos en folga, hai un conflito", explicou.

Os traballadores "saen con normalidade, escoltados" estes días. Neste sentido, lamentan que dun persoal duns 80 ou 90, unha quincena, aproximadamente, queden sen carga de traballo, sobre o que aseguran que descoñecen os motivos e piden á empresa que os informe diso. Tamén se queixan de que a maquinaria da que dispoñen é "obsoleta".

Mentres tanto, este luns a alcaldesa da Coruña declarou a emerxencia sanitaria e contratou á empresa Tragsa para reforzar o servizo de recollida do lixo, que entrou en funcionamento este martes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta