Os encoros galegos continúan perdendo auga e sitúanse ao 52,9% da súa capacidade

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

Os encoros das concas Galicia Costa e Miño Sil continúan perdendo auga, unha semana máis, e sitúanse xa ao 52,9% da súa capacidade total, moi por baixo dos datos do ano pasado e da media dos últimos 10 anos.

En concreto, os encoros da conca Miño Sil perderon na última semana 54 hectómetros cúbicos de auga e mantéñense nos 1.556, isto é, están ao 51,4% da súa capacidade total.
Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa están ao 60,2% da súa capacidade total, con 412 hectómetros cúbicos de auga, 11 menos que fai sete días.

Cidadáns pasean polas ruínas da aldea de Aceredo, en Lobios.. Rosa Veiga - Europa Press
Cidadáns pasean polas ruínas da aldea de Aceredo, en Lobios.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta