Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 09:55
O Seprona da Garda Civil de Ourense, en colaboración co Servizo de Inspección de Defensa contra fraudes e calidade alimentaria da Delegación provincial da Conselleria de Medio Rural, interveu máis de 14.700 litros de viño elaborado con aditivos non autorizados nunha empresa da provincia ourensá.
Segundo informou o Instituto Armado, no marco da 'Operación Opson' axentes procederon durante unha inspección nunha empresa de viños situada en Cambeo, en Coles, á intervención de 14.742 litros de viño.
As mesmas fontes indicaron que constataron a existencia no viño "de produtos enolóxicos e aditivos non autorizados", así como etiquetaxe con variedades de uva "para o que a empresa non estaba autorizada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.