ADEGA pon en marcha unha nova iniciativa: a eliminación de flora invasora en Carballo

Será o sábado 5 de marzo de 9:30 a 17:00 horas no Complexo Húmido de Baldaio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2022 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Adega convoca unha nova actividade do proxecto de Voluntariado ambiental para a conservación dos humidais e a flora da Costa da Morte. Trátase dunha acción de eliminación de flora invasora do Complexo Húmido de Baldaio, no concello de Carballo.

Varias persoas eliminando flora invasora no Monte da Fraga
Varias persoas eliminando flora invasora no Monte da Fraga | Fonte: Adega

Na actividade vaise eliminar flora exótica invasora que pode chegar a ser un perigo para as especies ameazadas do espazo natural. Será unha xornada de mañá e tarde, adicando a xornada matinal a recoñecer as invasoras e proceder a súa eliminación. Pola tarde realizarase unha ruta polo Complexo Húmido de Baldaio para retirar lixo mariño así como descubrir os seus valores naturais e paisaxísticos.

Esta actuación dá continuidade a un traballo comezado hai uns anos en colaboración co Concello de Carballo e o Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, coa creación das Microrreservas de Flora da Costa da Morte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta