Ames promove unha nova actividade para os nenos: xogos, cantos e recitados populares

A actividade "Brincadeiras da Lingua" terá lugar o venres 11 de marzo na Casa da Cultura do Milladoiro ás 18:00 horas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/03/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

O Apego de Ames programa para a próxima semana a actividade "Brincadeiras da lingua" de Migallas Teatro. O espectáculo, de carácter participativo, contará con música en directo, contos e monicreques para achegarlle a literatura popular infantil galega á cativada e favorecer unha crianza en positivo e creativa.

Imaxe da presentación da actividade Brincadeiras da Lingua
Imaxe da presentación da actividade Brincadeiras da Lingua | Fonte: Concello de Ames

A actividade será na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 11 de marzo, ás 18:00 horas e está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos. As inscripcións, de balde, poderán realizarse ata o 10 de marzo, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, o teléfono de contacto e a idade das crianzas.

"Brincadeiras da lingua" que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar.

Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro e que leva este mesmo nome "Brincadeiras da lingua".

PROGRAMA APEGO

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de actividades e de recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario "Súmate ao Apego" desta páxina web ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta