Xa á venda as entradas para as 'V Xornadas de Novela Histórica de Verín'

Estarán dispoñibles dende este 3 de marzo e serán necesarias para poder participar no evento literario que se celebrará os días 25 e 26 de marzo no Auditorio de Verín.

Por X.M. Fernández | Verín | 04/03/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

As entradas para cada día teñen un prezo simbólico de 2 euros e, segundo explican dende a organización, "con este cobro preténdese evitar a retirada das mesmas sen completa seguridade de acudir as xornadas e tamén que veciños e veciñas que desexen acudir queden sen elas tal e como aconteceu o ano pasado". Todo o recadado será destinado ao fondo bibliográfico da Biblioteca e o conxunto de actividades para o fomento á lectura.

Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF

As entradas poden adquirirse na propia Biblioteca Municipal, e os días 25 e 26 no propio Auditorio de Verín. Así mesmo habilitouse unha conta bancaria (ABANCA: ES83 2080 5168 1431 1001 4324) para realizar transferencia para os que non podan acudir á Biblioteca de Verín, debendo enviar por mail á conta biblioteca@verin.gal o xustificante da transferencia e o nome e apelidos para que o persoal da biblioteca teña apartadas as entradas que estarán ao seu dispor no auditorio de Verín os días das xornadas de NH.

Os autores e autoras que participarán este ano son Lorenzo Silva (Premio Planeta 2015), María Zabay, Víctor F. Freixanes (Presidente RAG), José Calvo Poyato, Alberte Blanco Casal e José Luis Corral. Todas as xornadas estarán amenizadas polo chelo do profesor do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada.

A información completa das 'V Xornadas de Novela Histórica de Verín' está na páxina web da Biblioteca Municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta