Santiago coordinará a acollida de refuxiados ucraínos en casas particulares

O Concello recibiu chamadas de veciños ofrecéndose a dar refuxio ás familias desprazas polo conflito bélico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2022 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o vindeiro luns, 7 de marzo, lanzarase unha campaña para os veciños dispostos a acoller refuxiados ucraínos. En rolda de prensa este venres, o rexedor explicou que o Concello recibiu varias chamadas nos últimos días de veciños para pór as súas casas a disposición dos refuxiados da guerra en Ucraína, moitos dos cales se mostran dispoñibles para a acollida de nenos. Por iso, o Concello buscará centralizar estas posibilidades de axuda.

Así, Bugallo lembrou que esa acollida non sería de "nenos sós", senón que a maior parte dos refuxiados son nais, tías ou irmás que deixan o seu país cos menores, xa que os homes entre os 18 e os 60 anos non poden abandonar o país por se son chamados a combater. Por outra banda, o alcalde avanzou que o Concello traballa no envío de axudas económicas a través dalgunha ONG aínda por decidir. Asegura que se trata de "unha axuda modesta, pero que reflicte a solidariedade compostelá".

APOIO DO CONCELLO DE OURENSE

Por outra banda, o Concello de Ourense tamén se sumou ao apoio ás vítimas deste conflito e colabora coa Asociación Galega de Axuda a Ucraína na recollida de subministracións de primeira necesidade que poidan axudar aos desprazados pola guerra. En concreto, establécense como puntos de recollida os centros cívicos e Protección Civil. Necesítanse, entre outros, alimentos non perecedoiros, medicamentos e roupa. A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, fixo un chamamento á solidariedade oruensana, "porque a poboación de Ucraína merece toda a axuda que se lle poida brindar".

Unha muller maior observa as flores, que homenaxean aos falecidos pola guerra, xunto a un cartel que di 'Reza por Ucraína''. Ucraína cumpre nove días sumida nun conflito bélico tras o inicio dos ataques por parte de Rusia. Segundo as últimas. Pau Venteo - Europa Press
Unha muller maior observa as flores, que homenaxean aos falecidos pola guerra, xunto a un cartel que di 'Reza por Ucraína''. Ucraína cumpre nove días sumida nun conflito bélico tras o inicio dos ataques por parte de Rusia. Segundo as últimas. Pau Venteo - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta