Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 04/03/2022 | Actualizada ás 17:52
O Tribunal Supremo anulou o acordo do pleno municipal do Concello de Ferrol aprobado en decembro de 2015 para a posta en marcha do plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello.
A decisión foi adoptada pola Sección Quinta da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo nun fallo emitido o pasado o 23 de febreiro e deuse a coñecer este venres.
Na súa sentenza, os maxistrados estiman o recurso presentado por dous particulares e anulan a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que ditara a nulidade do plan por non ser sometido a valoración sobre a súa avaliación estratéxica ambiental aínda que admitía a posibilidade de que o erro puidese emendarse a través da emisión dun documento complementario na execución da condena.
Agora, o Supremo determina que a decisión do Alto Tribunal galego non se axusta a dereito que se abra esta posibilidade cando se trata dun "vicio esencial" na elaboración dun plan deste tipo e recalca que a doutrina xurisprudencial impide que os erros poidan ser emendados durante a execución da sentenza.
Por tanto, aínda que recoñece a "loable intención" da sala do TSXG que concedía a posiblidade ao Concello de elaborar a posteriori este documento para impedir que o plan fose anulado na súa totalidade e ocasionar prexuízos ao concello e os seus veciños, os maxistrados do Supremo, con Fernando Román á cabeza, establecen que o fallo do tribunal galego non está axustado a dereito e, por tanto, anula o plan especial para o barrio Ferrol Vello.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.