Aparatoso accidente en Carballo

Un coche envorcou fronte a gasolineira das Labradas.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 05/03/2022 | Actualizada ás 22:58

Comparte esta noticia

Aparatoso accidente en Carballo a primeiras horas da noite deste sábado que, segudo apuntaron fontes da Policía Local de Carballo a Galicia Confidencial, saldouse cun ferido.

Accidente en Carballo
Accidente en Carballo | Fonte: Fune Ures

De feito, un coche quedou envorcardo fronte a gasolineira das Labradas e fixo falla a intervención dos bombeiros para axudar nas tarefas de auxilio. Ata o lugar desprazouse unha dotación de bombeiros e tamén axentes da Policía Local e Garda Civil, ademais dos servizos sanitarios.

O incidente  tivo lugar sobre as 21.00 horas e a estrada tivo que ser cortada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta