Pedro Sánchez anuncia que "pronto" se suprimirá a obrigatoriedade das máscaras en interiores

O presidente do Goberno central destaca que España ten a incidencia acumulada de covid-19 mais baixa de Europa.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/03/2022 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, anunciou hoxe que "pronto" se suprimirá a obrigatoriedade das máscaras no interior dos edificios. Fíxoo durante a súa intervención ante o Comité Federal do PSOE, reunido de forma extraordinaria na sede de Ferraz para abordar a situación creada pola guerra de Rusia contra Ucraína e buscando o apoio do seu partido ante as medidas adoptadas e as que deba adoptar no futuro.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez | Fonte: M. FERNÁNDEZ. POOL - Europa Press.

O xefe do Executivo puxo de manifesto a resposta "formidable" da cidadanía fronte á pandemia, alcanzado cifras de vacinación "extraordinariamente elevadas" e coa incidencia acumulada mais baixa de Europa.

Dito isto, anunciou que "pronto" se vai a poder quitar a obrigatoriedade das máscaras no interior. Iso si, apuntou que cando o diga o Ministerio de Sanidade, que se reúne coas Comunidades Autónomas no Consello Interterritorial de Sanidade. De feito, está prevista unha reunión do Sistema Nacional de Saúde para o próximo 10 de marzo en Zaragoza onde se abordará o novo sistema de vixilancia do covid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta