(Vídeo) Francia fai o que non fixo España e envía un tema en bretón a Eurovisión

O músico Alvan e o trío vocal Ahez triunfaron en 'Cest vous qui décidez! cun tema con lalailas como os de Terra, das Tanxugueiras.

Por Galicia Confidencial | Rennes | 06/03/2022 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Noite de infarto en Francia. O músico Alvan e o trío vocal Ahez deu a sorpresa na segunda edición de C'est vous qui décidez! e a súa canción Fullen, en bretón, será a abanderada gala en Turín. A súa actuación foi a favorita tanto do televoto como do xurado que se desfixo en eloxios ante o feito de que o país estea representado no festival polo folclore da Bretaña.

Esta será a segunda vez que Francia cante en bretón en Eurovisión. Previamente fixérono Dan Ar Braz and l'Héritage deas Celtes con Diwanit bugale en 1996, en plena efervescencia 'new age', clasificándose en decimonovena posición. Segundo lembra EurovisionSapin, nnon é o único idioma diferente ao francés que levaron ao festival, pois tamén se presentaron en criollo en 1992 e en corso en 1993 e 2011.

O resultado desta velada decidiuse en tres roldas de votación. Na primeira, o público elixiu a cinco superfinalistas, Alvan e Ahez, Elliott, Marius, Pauline Chagne e Soa. Na segunda, os xuíces repescaron a un dos eliminados, Cyprien Zeni. E na terceira e definitiva, a audiencia e o comité acordaron a partes iguais o gañador. Alvan e Ahez eran así mesmo os favoritos para o triunfo dos lectores e socios de Eurovision-Spain.com cun 25,7% dos votos.

O músico Alvan e o trío vocal Ahez que representarán a Francia en Eurovisión con música en bretón
O músico Alvan e o trío vocal Ahez que representarán a Francia en Eurovisión con música en bretón | Fonte: eurovision.spain.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta