Diminúen os divorcios e separacións en 2021, case un 3% menos

Os xulgados galegos rexistraron 5.034 demandas de ruptura matrimonial o pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2022 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os xulgados galegos rexistraron no ano 2021 un total de 5.034 demandas de ruptura matrimonial (separacións e divorcios), un 2,9% menos que no exercicio anterior, cando se contabilizaron 5.182.

Así se desprende dos datos publicados este luns pola Sección deEstadística do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), que sinala que os divorcios consensuados pasaron de 2.900, no ano 2020, a 2.951, en 2021, o que supón un aumento do 1,8%. Os non consensuados, con todo, descenderon un 7,8%, de 2.098 a 1.934.

O ano pasado, así mesmo, contabilizáronse 113 separacións de mutuo acordo, un 9,6% menos que en 2020, cando se rexistraron 125. O informe tamén reflicte unha diminución dun 38,6% das separacións contenciosas, ao pasar de 57 a 35. En 2021 interpúxose unha petición de nulidade matrimonial, fronte ás dúas do exercicio anterior.

Conforme indican os datos, facilitados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), pondo en relación as demandas de ruptura matrimonial coa poboación a 1 de xaneiro de 2021, en Galicia rexistráronse 186,7 peticións por cada 100.000 habitantes, por baixo da media estatal (205,7).

Ademais, o ano pasado iniciáronse 622 procedementos de modificación de medidas de mutuo acordo, un 8,6% máis que en 2020, mentres que as demandas de modificación de medidas non consensuadas foron 1.651, o que supón un aumento do 3,4%.

En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse o ano pasado 1.141 demandas demodificación de medidas consensuadas, o que supón un aumento de o10% con respecto ao período anterior. As demandas non consensuadas, sinembargo, descenderon, pois pasaron de 1.227, en 2020, a 1.249, en2021, un 1,8% máis.

Sinatura de divorcios e separacións
Sinatura de divorcios e separacións | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta