A Xunta inviste 1,13 millóns de euros para promocionar o viño galego fóra da Unión Europea

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

A Xunta investirá un total de 1,13 millóns de euros en axudas destinadas a 22 beneficiarios para promocionar o sector vitivinícola galego fóra da Unión Europea. Así o informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado de prensa, no que indica que esta resolución se publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dentro das accións subvecionadas inclúense actividades de difusión das características dos viños con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, campañas publicitarias, promoción de puntos de venda, catas ou degustacións.

Ás axudas podíanse acoller empresas vinícolas, organizacións de produtores e as súas asociacións, os órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas vinícolas, e as cooperativas que comercializan viños elaborados polos seus asociados.

Tamén podían acceder á convocatoria as entidades asociativas sen ánimo de lucro conformadas exclusivamente de empresas do sector vinícola que tivesen entre os seus obxectivos a promoción exterior dos viños.

Viños galegos
Viños galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta