A igualdade debe ser "unha prioridade" segundo o presidente da Deputación da Coruña

Valentín González Formoso, lembrou que "hai formacións políticas de ultradereita que están permanentemente pondo encima da mesa que os dereitos das mulleres non son unha prioridade".

Por E.P. | A CORUÑA | 07/03/2022 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou que a igualdade debe ser "unha prioridade" e instou a "defender cada día os avances logrados, que nunca están garantidos".

Formoso visitou este luns a sede coruñesa da Fundación Mulleres, unha ONG creada en 1994 con sedes en Galicia, Madrid, Andalucía, Asturias e Estremadura que traballa co obxectivo de lograr unha igualdade de oportunidades real e efectiva entre homes e mulleres e coa que a institución provincial coruñesa mantén unha estreita colaboración desde fai máis dunha década.

Formoso reuniuse coa subdirectora nacional da Fundación, Cristina García Comas, que viaxou desde Madrid para o encontro, e coas responsables da Fundación na cidade.

Na véspera do Día Internacional da Muller, Formoso destacou que o "8M non é unha xornada festiva", senón que é "unha xornada reivindicativa para tomar consciencia de que os avances e conquistas sociais no ámbito da igualdade nunca están garantidos"

Neste sentido, lembrou que "hai formacións políticas de ultradereita que están permanentemente pondo encima da mesa que os dereitos das mulleres non son unha prioridade". "E outras que, por convicción, por principios, por tradición política, consideramos que son unha auténtica prioridade", apuntou.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reúnese coa subdirectora nacional da Fundación, Cristina García Comas, que viaxou desde Madrid para o encontro, e coas responsables da Fundación na cidade.. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reúnese coa subdirectora nacional da Fundación, Cristina García Comas, que viaxou desde Madrid para o encontro, e coas responsables da Fundación na cidade.. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta