Seguen aumentando os casos Covid e son xa case 2.000 novos diarios

Galicia suma dous novos falecidos por este coronavirus e a taxa de positividade aumenta a un 11%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Galicia volveu a rexistrar un aumento dos novos contaxios de Covid-19, que superan os 1.900 --uns 130 máis que o día anterior--, así como dos casos activos, que se sitúan en 17.462 --uns 600 máis--, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus redúcense por baixo dos 400 ata os 397 --unha vintena menos--. Pola súa banda, a taxa de positividade increméntase a un 11 por cento no conxunto de Galicia.

Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, baixan a 30 as persoas ingresadas en UCI debido á Covid-19 en Galicia --unha menos-- e a 367 as hospitalizadas en unidades convencionais --19 menos--, mentres que 17.065 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana había 419 ingresados --29 deles en UCI--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete e unicamente sobe lixeiramente nas de Lugo, que segue cun paciente Covid en UCI e conta con 43 noutras unidades --dúas máis--; e Ferrol, que conta con tres críticos --un máis-- e 35 noutras unidades --dous máis--.

Na de Ourense, pola súa banda, mantéñense cinco pacientes Covid en UCI e descenden a 56 os doutras unidades --oito menos--; mentres que na de Pontevedra e O Salnés continúan catro en críticos e baixan a 41 os doutras unidades --oito menos--.

No caso da área de Vigo descenden a dous os ingresados pola Covid en UCI --dous menos-- e a 43 os hospitalizados noutras unidades --dous menos--, mentres que na de Santiago e Barbanza hai sete en críticos --un menos-- e 66 noutras unidades --tres menos--. Polo seu lado, na área da Coruña e Cee, aínda que aumentan a oito os pacientes ingresados en UCI pola Covid-19 --un máis--, descenden a 83 os hospitalizados noutras unidades --dous menos--.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

Fronte á tendencia descendente dos hospitalizados, os casos activos de Covid-19 aumentan por segunda xornada consecutiva en Galicia despois de empezar esta semana cun descenso, e ascenden a 17.462, que implican 606 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (1.904), que altas (1.296), ao que se suman dous óbitos. Hai unha semana --o mércores 2 de marzo-- había 16.109 infeccións activas --unhas 1.300 menos--.

As infeccións activas aumentan nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+150), seguida da de Ourense (+123), Santiago e Barbanza (+94), Lugo (+85), Ferrol (+64), Pontevedra e O Salnés (+52) e Vigo (+42). Por tanto, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 3.535; seguida da de Vigo, con 3.124; Santiago e Barbanza, con 3.016; Ourense, con 2.504; Pontevedra e O Salnés, con 2.104; Lugo, con 2.106, e á cola mantense a de Ferrol, con 1.002.

Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS
Dúas sanitarias preparan PCR en Monforte de Lemos (Lugo). CARLOS CASTRO - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

MÁIS DE 1.900 NOVOS CONTAXIOS

Os novos contagios de Covid-19 tamén repuntan ata os 1.904, que implican 136 máis que os 1.768 deste pasado martes, despois de iniciar esta semana con 1.371. O mércores pasado --2 de marzo-- detectáronse 1.215. No que vai de ano, a cifra máis baixa foi de 830 --a finais de febreiro--.

En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- aumentou ao 11,32 por cento, tras descender o martes 7,73%, despois de comezar esta semana cun 11,47%. Por tanto, continúa por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS 

Pola súa banda, as persoas falecidas pola Covid-19 desde o inicio desta pandemia ascenden a 3.138 tras notificar este mércores a Consellería de Sanidade outros dous óbitos, ambos de persoas con patoloxías previas.

En concreto, o pasado 6 de marzo faleceu unha muller de 93 anos na área sanitaria de Vigo e o día 7 outra da mesma idade na área de Santiago e Barbanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta